Notas de prensa

GaliciaDigital prepara unha web sobre a Academia de Vilalba

Promovida polos antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba, a plataforma en internet Galicia Digital está a traballar na confección dunha web que vaia recollendo anacos da historia desta Academia que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século.

Como cada ano (este, xa é o décimo), exacadémicos desta institución vilalbesa se xuntan nunha comida, preténdese que a web se poña en funcionamento con motivo desta celebración, que terá lugar o próximo 29 de agosto, no Restaurante Montero de Vilalba.

A web, que recibirá aportacións de todos os que queiran aportar lembranzas ou testemuñas, irá conformándose e medrando segundo vaia recibindo achegas de todos os que conserven papeis e recordos da antiga Academia.

Prégase que todas as aportacións ou suxerencias se fagan chegar ao correo electrónico xulio@galiciadigital.com.

GaliciaDigital, 2018-03-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES