
Asemade, estivo marcado pola gran variabilidade nas situacións meteorolóxicas, xa que comezou con borrascas, que achegaron moita chuvia e deixaron temperaturas baixas; pero na segunda quincena houbo varias xornadas con temperaturas máximas extremas.
As precipitacións estiveron moi por riba do agardado nun mes de xuño debido principalmente ao perÃodo chuvioso dos primeiros once dÃas do mes, de feito, soamente coas chuvias acumuladas neses dÃas era suficiente para considerar o mes como húmido. O valor medio no conxunto de Galicia neste mes foi de 104 l/m2. Os maiores rexistros acadáronse nas zonas de montaña de Ourense, máis de 170 l/m2, e nas comarcas de Xallas e Santiago, con valores por riba dos 150 l/m2.
Tendo en conta o valor medio para o conxunto do territorio foi un 108% superior ao perÃodo de referencia 1981-2010. Os valores máis altos acadáronse principalmente na provincia de Ourense polas treboadas, con valores de máis de tres veces o normal dun mes de xuño.
En canto á temperatura, estas quedaron mo marcadas pola variabilidade nos valores, con moitos dÃas nos que os valores máximos non chegaron aos 20ºC e outros -sobre todo entre as xornadas do 20 e o 24- no que non se superaron os 30 ºC.
O valor medio das temperaturas máximas no mes de xuño foi de 21,3ºC. Os valores máis baixos rexistráronse principalmente na Mariña Lucense e Ortigueira con valores próximos aos 15 ºC e os máis altos nas comarcas limÃtrofes cos rÃos Miño e Sil e na comarca de VerÃn, onde o valor medio de temperatura máxima achegouse aos 26ºC.
Para ampliar esta información poden consultar o Resumo do Informe Climatolóxico Xuño 2018, elaborado por MeteoGalicia e dispoñible na páxina web.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.