Notas de prensa

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia acollerá por primeira vez un gran Open de Xadrez

A XLI Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia incluirá por primeira vez un torneo de xadrez. Este conformará unha das interesantes novidades que o certame ofrecerá nesta convocatoria. O I Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia reunirá a participantes de toda Galicia, converténdose nun destacado torneo para os afeccionados e profesionais deste deporte.

Competirán ao longo do sábado 9 de xuño en seis categorías distintas, as cales serán totalmente independentes e se corresponderán con Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Absoluta. Xogarase con sistema Suízo a 7 rondas mediante programa informático homologado pola Federación Internacional (3 en sesión matutina e 4 de tarde), co cal ningún xogador quedará nunca eliminado, enfrontándose en cada ronda os xogadores da mesma puntuación.

O torneo, que na categoría Absoluta será puntuable para o ranking internacional Elo FIDE, nace con vocación de continuidade e pretende converterse nunha das citas de referencia do xadrez en Galicia.

Os interesados en participar nesta competición poden inscribirse de forma completamente gratuíta no formulario oficial do evento, ao cal terán acceso dende a páxina web da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, www.semanaverde.es. Poderán facelo ata o día 8 de xuño ás 15.00 horas.

Medallas e trofeos

O I Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia entregará medallas a todos os participantes ata Sub 14, ademais de trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

Así mesmo, na entrega de premios, que terá lugar sobre as 20.00 horas do mesmo día do torneo, realizaranse sorteos de regalos.

Feira Internacional Abanca Semana Verde, 2018-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES