
O deputado Alberto Pazos avogou por continuar facendo valer a postura do sector pesqueiro galego en calquera das instancias nas que se toman decisións que afectan á nosa frota.
Neste sentido, lembrou que a Consellería do Mar ten manifestado a necesidade de colaborar entre as distintas rexións afectadas pola práctica dos descartes pesqueiros, co obxectivo de camiñar pola defensa dunha maior flexibilización ante a política europea de descartes cero.
Alberto Pazos salientou o proposición non de lei aprobada no último Pleno, co respaldo unánime de todos os grupos parlamentarios, a través da que se manifesta o apoio ao manifesto para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola flota da Unión Europea, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS).
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.