
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou o papel dos medios de comunicación en xeral e de Cope en particular para ofrecer referencias, exemplos e modelos e aprender do que facemos e do que somos.
Durante o acto de celebración do 50º aniversario de Cope Galicia, Feijóo destacou asà a traxectoria desta emisora avalada e certificada pola confianza da audiencia. Non en van, lembrou que nos seus arquivos sonoros están as voces dun pobo que protagonizou unha epopea descomunal: “En cinco décadas, un breve suspiro en termos históricos, os galegos abandonan o atraso e instálanse no futuro da man das súas empresas, dos seus centros de investigación, das súas universidades, e tamén en compañÃa dos seus medios de comunicación”, aseverou, ao que engadiu que non se forma parte de Galicia durante medio século sen un esforzo de adaptación constante, sen unha atención precisa á evolución do paÃs, nin tampouco sen a humildade suficiente para entendelo.
Nesta mesma liña, subliñou que cada periodista da canle sente o peso dos seus colegas de antano e de millóns de oÃntes que se sentiron libres coa radio. “Cada periodista é herdeiro dunha reputación acumulada durante medio século”, dixo, incidindo en que a verdade é imprescindible para que a democracia non esmoreza.
Feijóo concluÃu a súa intervención destacando que, lonxe de ser hoxe a única protagonista, a familia da Cope preferiu acompañarse nesta ocasión especial da sensibilidade social da Fundación Barrié, do arraigo de Gadisa, da humanidade de Cáritas Galicia, da solidariedade da Provincia Franciscana de Santiago, e do espÃrito de superación de David Cal. “Neses valores atopamos a clave desa sintonÃa tan duradeira e ininterrompida da Cope e de Galicia”, sentenciou.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.