
A ConsellerÃa do Mar participará na feira Seafood Boston 2018, que se celebra nos Estados Unidos de América desde o domingo dÃa 11 ao martes 13 de marzo. A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes RodrÃguez Moreda, visita o luns e o martes as 11 empresas galegas que acolle o posto da Xunta de Galicia e realizará un percorrido polas instalacións da feira, co obxectivo de promocionar os produtos pesqueiros galegos e chegar a novos mercados.
AsÃ, baixo o paraugas da Xunta de Galicia asisten empresas como Congelados Noribérica, Congelados Troulo, Fandicosta, Fesba, Isidro 1952, Lanzal Productos del Mar, Oversea Atlantic Fish, Pescados Rubén, Pescados Vixa, Congelados Videmar e a Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores y Exportadores de Productos de la Pesca y Acuicultura (Conxemar). Ademais, tamén estarán presentes na feira con posto propio outras empresas galegas como Grupo Ibérica de Congelados, Stolt Sea Farm, Worldwide Fishing Company e Rotogal.
Galicia participa neste evento cun posto institucional de máis de 167m², que dá cabida ás empresas galegas coexpositoras pertencentes ao sector do conxelado, da conserva e dos produtos do mar procesados. Ademais, o posto da Xunta tamén conta cunha área destinada a centro de negocios, na que as empresas poden manter encontros para ampliar o seu mercado.
Seafood de Boston
A Seafood de Boston é o evento comercial de produtos marÃtimo-pesqueiros máis grande de América do Norte e este ano celebra a edición número 34. Nesta feira danse cita máis de 20.000 visitantes profesionais de máis de 100 paÃses. Conta cun espazo de 55.000m² en total, no que se promocionan 1.200 empresas expositoras de 50 paÃses distintos vinculadas aos produtos do mar frescos, conxelados, da acuicultura e envasados e tamén profesionais que se dedican á provisión de equipamentos e transporte, loxÃstica e maquinaria.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.