Notas de prensa

O PPdeG fixa como retos para a lexislatura consolidar o crecemento económico e mellorar o estado de benestar

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixou como retos para a presente lexislatura “consolidar o crecemento económico e contribuír a seguir mellorando o Estado do Benestar”. Así mesmo, afirmou que no novo sistema de financiamento autonómico “o que interesa a todos, en especial e Galicia, é que sexa capaz de garantir recursos para que as comunidades autónomas presten en condicións de igualdade mínima os servizos públicos fundamentais”.

Pedro Puy manifestou que “o crecemento económico permite crear emprego, que é o obxectivo fundamental desta lexislatura, e esta xeración de emprego permite que as administracións públicas dispoñan de máis recursos para axudar a aqueles que por mor da crise quedaron fóra do sistema e con dificultades para incorporarse a el”.

Respecto do novo sistema de financiamento autonómico, o portavoz popular lembrou que “a crise demostrou a febleza dese sistema para o mantemento dos servizos públicos fundamentais que son prestados polas comunidades autónomas”, polo que “unha vez superada a crise é o momento de abordar” a súa reforma.

“Hai que abordar o tema, non con presas senón con seriedade como o está a facer o Goberno”, porque segundo dixo Puy “o que interesa a todos, e en especial a Galicia, é que o sistema sexa capaz de garantir recursos para que as comunidades autónomas presten en condicións de igualdade mínima os servizos públicos fundamentais”.

Cuestionado sobre a reunión mantida entre o Presidente da Xunta e o secretario xeral do PSdeG, Puy dixo que este tipo de encontros “debería ser algo normal”, porque “o que é atípico é que a oposición nunca fale ou pretenda chegar a acordos coa maioría”.

Neste sentido, fixo referencia á Comisión de Estudo sobre a política forestal e a loita contra os incendios onde, logo do “bo inicio que tivo o pacto en materia forestal na tramitación da Lei de medidas”, confiou que “sexamos capaces de chegar a acordos en políticas concretas”. “Contra o lume non se pode loitar se non hai un acordo entre as administracións e un traballo conxunto”, dixo.

Pedro Puy considerou “moi lóxico que a figura política de Alberto Núñez Feijóo sexa valorada a nivel nacional, entre outras cousas porque revalidar, en medio da peor crise que tivo o país en moitas décadas, a maioría absoluta reflicte que hai unha forma de facer política que é avaliada polos votantes”.

Neste sentido, engadiu que Feijóo “ten dito que o seu compromiso é rematar a lexislatura, que aínda non se cumpriu o seu primeiro terzo de andadura”, e “todos pensamos que o Presidente está a facer unha excelente labor desde a Xunta e non ten pensado abandonala”.

Respecto das enquisas publicadas hoxe nos medios de comunicación, Pedro Puy sinalou que o PP “debe tomar nota sobre certas tendencias que se ven ao longo do tempo en determinadas enquisas, porque está nunha situación complicada e non é fácil gobernar coa maioría minoritaria que ten no Parlamento español”.

Neste sentido, apuntou que o PP “ten que actuar para que moitas das cousas boas que se están a facer desde o goberno, comezando pola situación catalana, sexan percibidas pola opinio´n pública e se traduzan nun apoio electoral”. Neste sentido, avogou porque o discurso político “non só ten que ser capaz de vender o que se está a facer e se fixo ben, senón que ser capaz de ilusionar cara ao futuro”.

No caso de Galicia, Pedro Puy explicou que “a base do éxito do PPdeG radica en que, ademais de facer as cousas ben e saber afrontar proxectos novos que xorden, mantemos un proxecto de futuro que está traducido tanto en documentos parlamentarios como na acción política que se fai desde o goberno”.

Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2018-01-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES