
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o papel do Parlamento para debater, acordar e decidir o futuro, con medidas e con reformas que se adoptan do único xeito que é posible: con respecto á legalidade.
Durante a presentación de Miguel Santalices como relator do almorzo informativo organizado por Nueva Economía Forum-Tribuna Galicia, Feijóo lembrou que a Cámara é o resultado dos nosos devanceiros, o anhelo das xeracións que sufriron o antiparlamentarismo, incidindo en que o realmente útil para os cidadáns non son as discusións que nunca chegan a ningures, senón aquelas que conflúen en puntos de acordo.
Para logralo, o responsable do Executivo autonómico expresou o seu convencemento de que son necesarios directores que blinden este obxectivo, aseverando que Miguel Santalices é un deles.
Nesta liña, afirmou que a defensa do Parlamento en si mesmo é razón máis importante pola que o seu actual presidente merece ser recoñecido. Santalices defende o Parlamento e tamén defende os parlamentarios. Faino cando garante o respecto escrupuloso á lexislación vixente e ao regulamento da Cámara e faino cando logra que o Parlamento galego destaque no panorama nacional polo seu traballo, dixo, recordando que a Cámara galega é a máis eficiente de España, coa maior produción lexislativa e o menor custo.
O presidente da Xunta concluíu resaltando a dilatada experiencia parlamentaria de Miguel Santalices, un home dixo- que sempre defenderá, sen ningún tipo de fisura, tanto a nosa Constitución como o noso Estatuto de Autonomía.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.