Notas de prensa

Expourense organiza dúas feiras de antigüidades e outras tres internacionais no 2018

A organización por parte de Expourense de dúas Feiras de Antigüidades será unha novidade no calendario feiral da Fundación para este ano 2018. Estas citas celebraranse no mes de maio e no de novembro e contan co apoio dos empresarios do sector en Ourense tal e como o ratifica o convenio asinado entre Expourense e os anticuarios José Antonio Ferreiro Ferrares e Gerardo Manuel Román Iglesias.

Estas dúas citas estarán organizadas directamente por Expourense coa creación do correspondente comité. Nesta feira aplicarase o modelo de cooperación co tecido empresarial ourensán que ten dado moi bos resultados en citas como, por exemplo, os salóns do automóbil (coorganizados en colaboración con A.C.A.U.T.O.)

As dúas feiras de antigüidades son as novas citas dun calendario que inclúe a celebración de 13 feiras, 3 delas de carácter internacional (Xantar e Funergal, ademais de Termatalia que se celebra en Brasil), que unha vez máis foron incluídas no calendario de feiras internacionais publicadas no B.O.E. o 29/12/2017.

CALENDARIO FEIRAL EXPOURENSE 2018:

- XANTAR, 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico – 31 de xaneiro a 4 de febreiro.
- PREVISEL, 13º Salón da Prevención e Seguridade Laboral – 11 e 12 de abril.
- GALISENIOR, 11º Salón Internacional das Persoas Maiores - 9 e 10 de maio.
- TERMATALIA BRASIL, 18ª Feira Internacional do Turismo Termal – 19 a 21 de setembro en Foz do Iguaçu, Brasil.
- CELEBRA, 19º Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais – 13 e 14 de outubro.
- BEBEGA , 2º Salón do Bebé de Galicia – 13 e 14 de outubro.
- 10º SALÓN DO AUTOMÓBIL - VEHÍCULO N0VO – 19 ó 21 de outubro.
- 10º SALÓN DO AUTOMÓBIL - VEHÍCULO DE OCASIÓN – 26 ó 28 de outubro.
- FUNERGAL, 10ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios – 9 e 10 de novembro.
- SPORTUR GALICIA, 2ª Feira do Deporte e Turismo Activo – 16 a 18 de novembro
- MEGAXOVE, 19ª Salón da Xuventude - 5 e 6 de decembro.

Este calendario compatibilizarase coas distintas probas e campionatos deportivos que se desputarán na pista de atletismo cuberta instalada no recinto feiral.

Gabinete de Comunicación de Expourense, 2018-01-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES