
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura e Educación, achegoulle ao público 1815 citas culturais durante 2017, entre funcións escénicas, concertos e proxeccións cinematográficas. Estas actividades foron directamente promovidas tanto a través dos seus circuítos de programación (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Música ao Vivo, Rede Galega de Salas, Cultura no Camiño e Cinemas de Galicia) como das súas unidades adscritas, como o Centro Dramático Galego (CDG) ou o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
O conxunto das actuacións, protagonizadas na súa meirande parte por formacións artísticas galegas de carácter profesional, estendeuse por máis de 100 concellos das catro provincias conformando unha moi variada oferta, coordinada coas administracións locais e outras entidades. O seu obxectivo é dobre: dunha banda favorecer a descentralización para que a produción cultural galega chegue a unha ampla parte da cidadanía, e doutra, impulsar a contratación dos espectáculos feitos en Galicia.
Circuítos para compañías profesionais
Neste sentido, os circuítos de maior actividade en 2017 foron os catro destinados á circulación de espectáculos, con 1224 citas, das que 653 foron de teatro, 336 de música, 152 de maxia, 44 de circo e 39 foron de danza. Trátase da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que programou 539 funcións de 146 compañías en 44 espazos; a Rede Galega de Música ao Vivo, con 196 citas con 57 grupos en 29 locais; a Rede Galega de Salas, con 118 actuacións de 43 compañías en cinco espazos; e Cultura no Camiño, o circuíto promovido pola Agadic e Turismo de Galicia, con 371 funcións de 156 formacións artísticas en 98 espazos.
Outro lugar destacado no calendario escénico de 2017 ocúpao o CDG, que ofreceu 162 funcións tanto a través da programación organizada na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, como durante a xira de Martes de carnaval, a produción propia que levou ás táboas por primeira vez en galego as obras de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán; así como a actividade pública do mercado galego das artes escénicas Galicia Escena PRO, con 20 propostas.
Tamén estivo aberto aos espectadores non profesionais o concerto inaugural do I Conecta Fiction, primeiro evento internacional pensado especificamente para a coprodución de series de televisión entre Europa, Latinoamérica e os Estados Unidos de fala hispana.
Programación cinematográfica
Seguindo no ámbito audiovisual, sobresae na oferta cultural de 2017 a intensa programación cinematográfica do Centro Galego de Artes da Imaxe tanto na súa sede da Coruña (284 sesións) como nas súas extensións en Ourense, Lugo e Vigo (51 sesións), en colaboración cos cineclubs destas tres cidades.
Ademais, o ano pasado celebrouse una nova edición de Cinemas de Galicia, rede organizada en colaboración con nove concellos para ofrecer 74 proxeccións de cinema galego e europeo.
Preto de 4 millóns de euros en subvencións
Por outra banda, a Agadic continuou colaborando con diversas iniciativas culturais organizadas por outras entidades públicas ou privadas. É o caso dos proxectos adxudicatarios das nove liñas do seu programa subvencións ás industrias culturais, dotado en 2017 con 3.985.000 euros.
A través del, contribuíuse economicamente coas programacións de 24 festivais de escena, música e cine, e con máis de 600 funcións, concertos e accións de promoción da nosa cultura no exterior, así como coa posta en marcha de 36 proxectos audiovisuais, en distintas fases de desenvolvemento, e a produción de 31 novos espectáculos escénicos.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.