
A promotora da iniciativa, a deputada Ãnxeles Cuña, destacou o valor patrimonial dos fondos culturais que alberga o centro “con máis de 140 obras pictóricas de Maside, Laxeiro, Seoane, debuxos de Castelao e uns 20 mil libros”. Ademais, lembrou o vÃnculo do Centro Galego de Bos Aires con Castelao “que morreu alà nun cuarto que aÃnda se conserva intacto”, polo que En Marea reivindica “que todo este patrimonio na chamada quinta provincia galega debe ser coñecido por todo o pobo galego”.
Ademais da protección dos fondos, En Marea propón na súa iniciativa “negociar con Goberno da República de Arxentina a compravenda daquelas obras indispensables para a transmisión do patrimonio cultural de Galicia as xeracións vindeiras ou no seu caso a súa reprodución”. Tamén considera que o goberno do Estado deberÃa asinar convenios de colaboración coa República da Arxentina para dar a coñecer a obra de persoas galegas ilustres na diáspora, nomeadamente da pictórica, con garantÃa de restitución e coas medidas de seguridade precisas para cada caso.
A institución, con 110 anos de historia, alberga no seu interior o teatro Castelao, a sala de sesións, a presidencia, a sala Ramón Otero Pedrayo, a pinacoteca e unha biblioteca, para os que se demanda tamén a sua protección e restauración, vÃa negociación coa empresa Ribera Sáude e a Fundación Favorolo. “En caso de non garantirse a conservación da obra, nomeadamente da pictórica, solicitar do goberno de España aquelas actuacións tendentes á negociación e compra por parte do mesmo en colaboración co goberno de Arxentina.”, reza a iniciativa de En Marea.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.