Notas de prensa

A Real Academia Galega anuncia os oito termos que optan a se converter na Palabra do Ano 2017

O Portal das Palabras acaba de abrir a votación da na que se decidirá cal é a Palabra do Ano 2017. As finalistas son: afouteza, eucaliptización, independencia, sapoconcho, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero. Pódese votar ata o 25 de decembro en http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/.

O Portal das Palabras abre a votación da na que se decidirá cal é a Palabra do Ano 2017. O proxecto web para a modernización e divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié recibiu na primeira fase desta iniciativa, do 4 ao 17 de decembro, máis de 6.700 achegas de usuarios e usuarias que propuxeron cerca de 900 palabras diferentes. As finalistas son, por orde alfabética, afouteza, eucaliptización, independencia, sapoconcho, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero. A votación permanecerá aberta á participación de todas as persoas que o desexen ata as doce da noite do 25 de decembro, día de Nadal, na seguinte ligazón: http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/. Nas tres edicións anteriores as gañadoras foron irmandade (2016), refuxiados/as (2015) e corrupción (2014).

As candidatas son en total oito palabras, dúas máis ca noutras ocasións, xa que se rexistrou unha participación significativamente máis alta ca outras veces e as palabras seleccionadas son termos asociados a situacións dunha grande intensidade informativa. Só nas primeiras 24 horas chegaron preto de 900 propostas e nos días seguintes, con moita antelación respecto ao cambio de fase, xa se defiron as tendencias das finalistas.

As aspirantes a se converter en Palabra do Ano cumpren todas elas os seguintes criterios: están á cabeza das máis repetidas entre todas as que chegaron; son palabras contundentes, con forza informativa, que centraron por diversos motivos os temas de maior presenza mediática e máis impacto social do ano; e teñen, as máis delas, un valor engadido desde o punto de vista estritamente lingüístico, ben por seren terminoloxía de nova creación, por exemplificaren usos singulares ou por seren colocacións léxicas de plena actualidade.

Na elección da Palabra do Ano 2017 pode participar calquera persoa. Só cómpre ter en conta que non se poderá votar máis dunha vez desde o mesmo equipo por período de vinte e catro horas e que tampouco se admitirán votos de máis de tres dispositivos por enderezo IP. A palabra gañadora, a máis votada de todas, será dada a coñecer o mércores 27 de decembro.

Real Academia Galega (RAG), 2017-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES