
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) pecha o ano homenaxeando o cineasta francés Jean-Pierre Melville no centenario do seu nacemento cun ciclo de sete títulos organizado en colaboración coa Jean-Pierre Melville Foundation e o Institut Français. O programa arrancar o xoves na sede da filmoteca na Coruña cunha sesión especial, de entrada libre, para a que se contará coa filla e co sobriño do director, Tania e Laurent Grousset, responsables da fundación que salvagarda o seu patrimonio.
A través deste programa, o CGAI achegaralles aos espectadores galegos a obra dun dos realizadores máis relevantes na historia do cine galo, particularmente coñecido polas súas películas noir, nas que destacou tanto que a súa influencia faise sentir aínda hoxe en cineastas como Martin Scorsese ou Quentin Tarantino.
A sesión dobre de mañá dará comezo ás 18,00 h. coa proxección da primeira curta de Melville, 24h. de la vie d'un clown, e do documental Sous le nom de Melville, que inclúe entrevistas a realizadores que beben do seu estilo, como Johnnie To ou Masahiro Kobayashi. A fita narra o percorrido do cineasta durante a Segunda Guerra Mundial e o impacto que esta experiencia persoal do conflito e da resistencia tivo no conxunto da súa obra e, indirectamente, nos seus herdeiros.
Serán precisamente eles os que introduzan a figura de Melville ao público na segunda das sesións, prevista para ás 20,30 h. Nela exhibirase a longametraxe El ejército de las sombras, unha das máis celebradas do cineasta, sobre un grupo da resistencia francesa nos tempos da ocupación nazi, acurralados pola Gestapo e a policía de Vichy.
O venres 15 será a quenda de Bob el jugador, onde Melville asentou o seu particular estilo visual e narrativo, en boa parte apoiado polo director de fotografía Henri Decaë, e se estableceu como unha gran influencia para os cineastas da Nouvelle Vague.
Colaboración con grandes estrelas
Posteriormente, o realizador acomodaríase na industria e traballaría con grandes estrelas como Alain Delon ou Catherine Deneuve. En Léon Morin, sacerdote (martes 19) confía, por exemplo, o papel protagonista a Jean-Paul Belmondo. El é o cura que confesa o personaxe de Emmanuelle Riva, unha viúva que vive tamén duras condicións na campiña francesa durante a ocupación nazi.
En El confidente (mércores 20), o mesmo actor dálle vida a un delincuente sospeitoso de pasarlle información á policía. Cando un roubo sae mal, o seu compañeiro no golpe decide axustar contas con el. Coa que é para moitos a súa primeira obra mestra, Melville introdúcese de cheo nun xénero, o negro, que xa nunca abandonará.
Pechan o ciclo as súas obras de madurez: El ejército de las sombras (xoves 21) e Círculo rojo (venres 22). Nesta última, considerada unha referencia no subxénero de atracos, volve contar con grandes caras do cine europeo, como Alain Delon ou Gian Maria Volonté (La muerte tenía un precio).
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.