
A partir do mes de xaneiro, e co horizonte das próximas eleccións municipais, o líder dos socialistas galegos visitará tódalas comarcas e os principais concellos galegos para intensificar o contacto coa cidadanía e percorrer o país dende abaixo. Así o explicou logo dunha xuntanza na que asignaron as secretarías executivas ás diversas áreas de traballo para asumir novas tarefas dentro da organización.
Explicou que os socialistas galegos están a desenvolver unha axenda a curto, medio e longo prazo sen presa pero sen pausa dirixida a recuperar o apoio electoral e situarse enfronte e como alternativa ao PP.
Xornadas
Gonzalo Caballero anunciou ademais a xornada de traballo que terá lugar o próximo venres organizada en colaboración co Grupo Parlamentario na que, desta volta, os socialistas galegos convocarán un debate de ideas para acadar un novo modelo de financiamento autonómico que responda ás necesidades e particularidades do país.
Logo do encontro celebrado hai dúas semanas, no que fixeron unha análise da catástrofe do Prestige con motivo dos 15 anos do accidente, desta volta perfilarán unha proposta de modelo de financiamento suficiente, xusto e solidario para Galicia.
O líder dos socialistas galegos adiantou o calendario previsto para celebrar unha serie de xornadas de traballo nas próximas datas, nas que tratarán asuntos como o cambio climático, as políticas forestais ou a xestión do medio rural.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.