Notas de prensa

O Museo do Pobo Galego presenta a publicación Repensar Galicia. As Irmandades da Fala

O libro recompila en varios artigos os contidos do simposio que no mes de novembro do 2016 pechou o ano do centenario das Irmandades da Fala. A Consellería de Cultura e Educación colabora cun proxecto que pon a disposición do público un documento de gran valor histórico e divulgativo.

O Museo do Pobo Galego presentou a publicación que recolle as actas do congreso Repensar Galicia. As Irmandades da Fala. Trátase da compilación dos contidos que se trataron no simposio do mesmo nome co que se pechou a programación dedicada á conmemoración do centenario do nacemento das Irmandades da Fala, en 2016.

Para o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou na rolda de prensa, esta obra pon a disposición do público un documento de gran valor histórico e divulgativo, xa que “queda como testemuño da renovación cultural propiciada polas Irmandades da Fala en todos os eidos: plástica, música, artes ao vivo e cuestións socioeconómicas”.

No acto de presentación interveu, canda o secretario Xeral de Cultura, o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi e participaron tamén Uxío-Breogán Diéguez e Xosé Manuel González Reboredo, editores literarios da obra, xunto co propio Beramendi, Carme Fernández e Pilar García Negro.

O documento compila todos os temas que no seu día se abordaron no congreso: ideoloxías e programas, organización e acción política, lingua, literatura e medios de comunicación, economía e sociedade, a cuestión de xéneros, as ciencias, as artes plásticas e a música, ou as relacións exteriores no eido das Irmandades da Fala.

Lorenzo lembrou tamén o labor deste grupo “no cultivo do galego no seu afán de dignificar a lingua, buscando que fose un idioma plenamente actual e útil naquela sociedade do primeiro terzo do século XX”. Unha defensa da que afirmou que a Xunta se sente herdeira, ao continuala con fitos como a lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía ou o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-12-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES