
As xornadas gastronómicas do lacón con grelos que impulsa a área de Turismo, que dirixe o concelleiro de Emprego e EconomÃa Social, Alberto Lema, no 2018 celebraranse entre os dÃas 5 e 18 de febreiro. O seu obxectivo, segundo indica o edil, é potenciar a cidade como destino gastronómico durante o Entroido coruñés a través do menú caracterÃstico e popular da época, a laconada, dentro da aposta pola gastronomÃa como unha das liñas estratéxicas en materia turÃstica.
Tal e como se recolle nas bases, poderán participar nestas xornadas "establecementos de hostalerÃa da cidade que, pola súa traxectoria profesional e proposta gastronómica, encaixen na temática das xornadas". Cada un dos locais participará cun único menú,que deberá ser elaborado, principalmente, con produtos galegos, e composto dun primeiro prato tradicional, que será sopa ou similar, un prato principal, composto por unha laconada, e sobremesa, que incluirá filloas e/ ou orellas, ademais de bebida (auga, refrescos ou adega de denominación galega) e café. O prezo dos menús debe oscilar entre os 15 e os 30 euros (IVE incluÃdo).
Poderán participar nas Lacónicas un máximo de 30 establecementos. As bases de participación, que é gratuÃta, poden consultarse na páxina web www.turismocoruna.com, onde tamén está dispoñible o formulario de inscrición. Esta deberá enviarse á dirección xornadaslaconicas@gmail.com antes das 14.00 horas do dÃa 21 deste mes. Aqueles establecementos interesados poden dirixirse tamén aos teléfonos 639 155 247 ou no 636 447 574 para recibir máis información.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.