
Logo da cancelación da actividade o pasado mes de outubro, o programa Poetas itinerantes recunca por fin en Galicia. Logo do diálogo entre a poesía vasca e galega que tivo lugar en Santiago de Compostela na primavera de 2016, é o tempo de que voces galegas e catalás unan os seus versos para nos ofrecer unha mostra da poética contemporánea que se está a facer en Galicia e Cataluña. Xa o fixeron o pasado día 2 de novembro no Pipa Club de Barcelona e, nesta ocasión, é a delegación catalá quen visita Galicia coas súas maletas cheas de versos para dialogar coa poesía galega.
Os poemas de Anna Gual, Joan Pons, Blanca Llum Vidal, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial daranse a man nun encontro en Santiago que terá lugar o mércores, 13 de decembro de 2017, ás 19 horas no Consello da Cultura Galega.
O acto será presentado por Mercedes Queixas, membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e secretaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega, este recital forma parte dun proxecto iniciado en Barcelona en 2015 que procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe. Na edición anterior deste recital Poetas itinerantes foron as voces de Miren Agur Meabe, Leire Bilbao, Anxo Angueira, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas quen deixaron o pouso dos seus versos en Compostela e tamén en Donosti durante a visita de volta que se produciu en outono de 2016 no Edificio de Tabakalera. Nesta ocasión, será a poesía catalá quen se deixe sentir nos muros compostelás para establecer un diálogo necesario e posible entre as diferentes culturas.
O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.