
Fernández Leiceaga sinalou que Galicia afronta o peor ano da década en termos de investimento por parte do Estado, sumando unha forte redución no nivel de investimento a un nivel de execución que esta Comunidade Autónoma non pode permitirse. Urxiu ao presidente da Xunta a buscar o apoio do conxunto das forzas parlamentarias para reivindicar as demandas en materia de infraestruturas básicas.
Explicou que, se o Estado executou menos do 50 por cento das infraestruturas comprometidas no ano 2016, o ano 2017 será aínda peor, cun ritmo de execución moi por debaixo, sumado a un nivel de crédito inicial moi inferior, con 500 millóns de euros menos dos que se comprometeran no ano anterior.
O portavoz socialista criticou a aceptación cómplice do presidente da Xunta da suba das peaxes da AP-9, que admite sen ter activado a Comisión de Seguimento das infraestruturas. Os socialistas propoñemos plantarnos diante de Fomento e ademais ofrecemos unha vía para que Fomento asuma os custes da ampliación de Rande de forma periodificada, sen que sexa un custe inasumible para o Goberno.
Uniu ademais a resposta de Fomento á posición coordenada entre Galicia, Asturias e Castela e León para reivindicar o corredor atlántico de mercadorías. O Goberno respondeu, explicou, adiar a toma en consideración desta cuestión ata 2024, que non sería decidida antes de 2027. Criticou o retraso de dez anos na toma da decisión de incorporar estas rexións na rede básica de infraestruturas.
O Pleno da próxima semana incluirá unha moción socialista para reclamar a recuperación das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do Sergas, e para que o goberno galego faga pública a información detallada sobre o tipo de contratos e duración na sanidade galega. Tamén incluirán unha interpelación para reivindicar unhas condicións sensatas no persoal da Administración de Xustiza de Galicia.
Os socialistas galegos presentarán ademais unha proposición non de Lei para reclamar a derrogación da reforma laboral e reducir a precariedade laboral, recuperando as condicións laborais perdidas nos últimos anos. Tamén incluirán unha iniciativa para reivindicar a posta en marcha polo Goberno galego das avaliacións necesarias para coñecer o coñecemento lingüístico do alumnado nos programas plurilingües.
Os socialistas preguntaranlle á Xunta polas medidas tomadas diante da situación da falla de auga que está vivindo a área metropolitana de Vigo, sobre o desenvolvemento do Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2020, e sobre a previsión para impulsar a transformación portuaria da cidade de A Coruña.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.