
Os/as socialistas consideramos que para contribuír a erradicar a violencia de xénero precísanse medidas políticas e institucionais que aborden o problema de maneira integral para erradicalo e sexan capaces de dar resposta ás necesidades específicas das mulleres vítimas e ás das súas fillas e fillos.
O PSdeG sostén que a loita contra a violencia de xénero ten que ser un compromiso activo día a día, porque para erradicar a violencia requírese o compromiso individual e colectivo durante todos os días do ano, por este motivo desexamos que todos os partidos políticos apoien esta iniciativa local.
Os/as socialistas/as solicitamos ao Goberno de España o cumprimento do compromiso económico acordado no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, ao obxecto de destinar vía transferencia aos Concellos, un incremento anual de 20 millóns de euros durante os próximos 5 exercicios.
Ao longo deste mes os portavoces do PSdeG nos concellos presentan mocións para solicitarlle ao Estado ese compromiso económico e a devolución de competencias ás entidades locais, posto que consideramos fundamental a función que deben realizar os concellos na prevención e atención ás vítimas de violencia de xénero e por elo, entendemos necesario dotar de novo aos concellos de competencias e partidas económicas axeitadas.
As administracións locais son tamén unha peza importante para loitar contra a lacra da violencia de xénero. Os concellos deben ter todos os instrumentos necesarios para traballar na prevención así como na atención a través de información, asesoramento, protección, apoio e acompañamento ás mulleres vítimas e ás súas fillas e fillos, afirma Icía García, Vicesecretaria Xeral de Igualdade do PSdeG.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.