Notas de prensa

O Consello da Cultura Galega (CCG) xunta nunha web as actividades do Día do Patrimonio

Visitas guiadas, xornadas de portas abertas, pezas do ano, difusión de documentos dixitalizados como o Himno Galego gravado en Barcelona no ano 1919.... son moitas e moi variadas as iniciativas que Bibliotecas, Arquivos e Museos de Galicia organizan para celebrar o Día do Patrimonio que se celebra o 16 de novembro.

Unhas accións que, por iniciativa do Consello da Cultura Galega (CCG), se visibilizan de xeito conxunto por primeira vez. Desde o web do CCG pódese acceder a este sitio específico que, en palabras do presidente da institución, Ramón Villares, “pretende chamar a atención sobre a importancia do patrimonio moble”.

O día 16 de novembro é o Día do Patrimonio Mundial. Unha efeméride que catorce centros da memoria galegos, é dicir, bibliotecas, arquivos e museos, celebran con actividades individualizadas. “O Consello da Cultura Galega súmase a esta conmemoración cun sitio web que agrupa as accións que cada centro decide facer” apuntou o presidente Ramón Villares. Canda el, estaban os membros da sección de Patrimonio do CCG Concepción Varela e Gabriel Quiroga, que destacaron a transversalidade e a relevancia de difundir accións sobre o patrimonio.

O técnico do Consello da Cultura, Manuel Gago, explicou que a acción agrupa pequenos fitos. “É a primeira vez que varias entidades se poñen de acordo para visibilizar accións de patrimonio para celebrar o 16 de novembro” apuntou. Pero hai máis, fano desde unha imaxe única que non é o logo de ningunha institución senón unha imaxe gráfica compartida. Ademais, puntualizou Gago “sumáronse a esta proposta centros públicos e privados, grandes e pequenos con accións que se desenvolven en toda a xeografía, tanto rural como urbana”.

Accións variadas

A dixitalización dun facsímile vencellado a Castelao, charlas sobre o traballo dos arquivos, xornadas de portas abertas, visitas guiadas, vídeos explicativos, a dixitalización do Himno Galego gravado en Barcelona en 1919.... son algunhas das máis de trinta actividades que se van desenvolver en catorce centros de Galicia para celebrar o Día do Patrimonio.

Os centros que se suman a esta iniciativa son o Arquivo da Real Academia Galega, o Arquivo do Reino de Galicia, o Arquivo Histórico provincial de Lugo, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense, o Arquivo Intermedio Militar Noroeste, o Arquivo Municipal de Ferrol, o Ecomuseo de Arxeriz, a Fundación Penzol, a Fundación Vicente Risco, o MDC_L Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo das Peregrinacións e de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.

Consello da Cultura Galega (CCG), 2017-11-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES