Notas de prensa

Preséntase en Vilalba o libro Mini e Mero: abrando para sementar, como parte da homenaxe no Paseo dos Soños

O sábado, 18 de novembro, en Vilalba, preséntase o libro "Mini e Mero: labrando para sementar", con motivo da homenaxe que se lles rende no Paseo dos soños vilalbés, onde desde agora terán o Hectómetro Literario número XII.

Os actos darán comezo ás doce da mañán xunto ao Muiño do Rañego, para ir percorrendo o Paseo dos Soños ata o lugar onde se descubrirá o monolito -obra de Xosé Val Díaz, Valdi- que deixa constancia da homenaxe a Mini e Mero pola súa traxectoria musical e vital, ao cumprirse o medio século do comezo da súa dedicación á música e ao País.

O libro MINI E MERO: LABRANDO PARA SEMENTAR, do que é autor Xulio Xiz, recolle a peripecia vital desdes dous homes da música, da escrita e da galeguidade, que comezaron o seu andar musical hai cincuenta anos, de mans do cregoo e musicólogo Xesus Mato, que será precisamente quen inicie o acto da homenaxe. Faise nel un percorrido polo seu labor destes anos, con atención especiall a súa especial intervención na creación e potenciación de Fuxan os Ventos, e logo no grupo A Quenlla, sempre en defensa do galego, da música e do país; con numerosos discos, publicacións de todo tipo, actuacións e actividades, conferencias, e participación en todo tipo de actos, con entrega absoluta ao labor de recolleita e divulgacion da música popular deste país.

Neste libro, no que ten principal papel Xesus Mato, así como Alfedo Garrido, que foi o entón directivo da multinacional que editou os discos de Fuxan os ventos e agora editor dos discos de A Quenlla, participan un total de 51 amigos dos homenaxeados que aportan cada un deles a especial visión que teñen destes dous persoeiros da música que foron galardoados co Pedrón de Ouro, Galegos da solidariedade, Galicia Martir, Mestres da Memoria, Promoción da Terra ou Facer País... e un sin fin de recoñecementos que culminan en Vilalba, na súa Terra Chá (Mini naceu en Baamonde e Mero en Vilalba; os dous en 1951), coa dedicación dun hectómetro literario, con este roteiro na súa honra, e con este libro para achegármonos á sua historia conxunta, musical e vital, por ser o momento axeitado para recontar feitos e aclarar cuestións que ata agora foron quedando esvaídas no decorrer do tempo.

O libro, de 192 páxinas, editado a toda cor, está publicado por Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá, entidades impulsoras do Paseo dos soños en Vilalba, e da súa dedicación a creadores e persoeiros vencellados á Chaira, e poñerase en circulación con motivo deste acto de homenaxe a XOSE LUIS RIVAS CRUS-MINI e BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO-MERO.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias

Xulio Xiz, 2017-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES