Notas de prensa

O PSdeG reclama que o Banco Santander manteña a rede do Pastor e o emprego na comunidade galega

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, fixo un chamamento a manter a presenza da rede de oficinas do Banco Pastor en Galicia, logo dos axustes anunciados polo Santander. Así o dixo logo dun encontro co empresariado coruñés na sede do Club Financeiro Atlántico, no que analizaron a situación económica da comunidade galega.

O responsable socialista sinalou que logo da compra do Banco Popular, que previamente adquirira a rede do Banco Pastor, o Santander converteuse nun dos grandes operadores financeiros de Galicia, cunha presenza moi sólida que, dixo, “agardamos que faga o posible por mantela”. Advertiu que “a exclusión financeira non é boa noticia para a Comunidade Autónoma, por iso agardamos que esta non se produza”.

Así o dixo logo dun encontro cos empresarios de área de A Coruña, no que analizaron as repercusións dos orzamentos da Xunta para o próximo ano, en pleno debate parlamentario. Leiceaga reclamou que a actuación da Xunta garanta o impulso económico necesario para que a recuperación económica “chegue á sociedade en forma de empregos estables e salarios dignos para que ninguén quede atrás”.

Lembrou a emenda presentada polos socialista galegos, que propón mobilizar en torno a 600 millóns de euros para concederlle á Xunta “máis músculo financeiro que serva para atender aos servizos básicos, reducir a desigualdade e poñer en marcha unha política de crecemento intensa”.

Tamén analizaron as necesidades de transformación da xestión do monte e da xestión forestal, un dos elementos fundamentais que propiciaron que os lumes arrasaran 50.000 hectáreas nunha soa fin de semana no pasado mes de novembro.

Gabinete de Comunicación del PSdeG, 2017-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES