
Comisariada pola profesora da USC Margarita Ledo, a mostra revisa a Galicia da transición a través dun cento de fotografías de Anna Turbau (Barcelona, 1949) para exhibir nun centenar de imaxes os conflitos sociais, políticos e humanos da época, moitas delas documentos que nunca viron a luz, como explicou a comisaria en rolda de prensa.
A exposición artéllase en nove bloques temáticos: O rostro que te mira, Luz no alén, A atmosfera e o signo, O vestixio e a fuxida, A ollada que manca, A imaxe que libera, A festa como síntoma, Fóra de campo e Paisaxe interior. Foi a miña maneira de ver as cousas, a miña busca persoal e profesional, e agora así, nesta exposición, paréceme devolver algo que é dos galegos e galegas, asegurou Anna Turbau.
A intimidade da imaxe contén un epílogo formado por sete imaxes dunha exposición que a Universidade de Santiago fixo en 1993 baixo o título Santiago, pequena historia natural e que hoxe forma parte do fondo fotográfico do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Este apéndice está concibido tamén como unha homenaxe a Tino Martínez, autor dos positivados, e á fotografía analóxica. A mostra complétase cun espazo de documentación que permite coñecer como se publicou o material que Anna Turbau realizou durante a súa estadía en Galicia.
Anna Turbau e Galicia
Anna Turbau chegou a Galicia en 1975 para retratar unha serie de vivendas para familias xitanas construídas en Poio por César Portela e Pascuala Campos. Ao pouco decidiu instalarse en Santiago e, como colaboradora independente de Interviu e Primera Plana, retratou os movementos populares que emerxían con forza en Galicia. Durante a súa estadía en Galicia, que se estende ata 1979, Turbau fixo preto de dez mil fotografías, un arquivo que cedeu ao Consello da Cultura Galega. Desa cesión sae esta exposición e unha publicación homónima editada por Natalia Poncela que verá a luz o vindeiro mes de novembro.
Anna Turbau
Estudou deseño gráfico en Barcelona, na escola Massana (Centre dArt i Disseny) e na ELISAVA (Escola Universitària de Disseny i Enginyeria). O seu primeiro contacto coa fotografía chegoulle en 1975, cando recibiu o encargo de facer unha serie de fotografías na Ciutat Vella de Barcelona e onde descobre unha cidade marxinal e oculta. Ese mesmo ano entra en contacto con Galicia, onde fixou a súa residencia e traballou como fotoxornalista nun contexto maiormente masculino e no que destacou cun traballo moi persoal, respectuoso e incisivo. A presión policial obrigouna a regresar en 1979 a Barcelona, onde comeza a traballar na revista Actual e en 1984 na realización televisiva, eido en que se especializou en programación educativa e cultural. Foi profesora de fotoxornalismo na Escola Internacional de Fotografia Grisart de Barcelona.
Na actualidade vive entre Calatañazor (Soria) e Barcelona, e continúa a traballar en series fotográficas como Mujer y silencio (2009) e na súa última obra: a documentación fotográfica da exhumación dos fusilados de guerra en Calatañazor (2017).
A intimidade da imaxe pode visitarse de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.