Notas de prensa

O presidente da RAG aposta por darlle voz á mocidade para abordar o futuro da lingua

Víctor F. Freixanes impartiu a conferencia inaugural do XIX Simposio Pondaliano, que se desenvolve todos os martes do mes de outubro na sede da Fundación Eduardo Pondal na aldea do Couto de Ponteceso. Víctor F. Freixanes ofreceu unha intervención titulada "A saúde da lingua e literatura galegas" na que incidiu na importancia de contar coa mocidade para garantir o futuro do idioma.

Nesta mesma xornada, presentouse o novo volume da colección Antoloxías da Academia, unha edición de Manuel Ferreiro dedicada aos versos de Pondal.

Víctor F. Freixanes intervén na inauguración do XIX Simposio Pondaliano, acompañado pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o especialista en Eduardo Pondal Manuel Ferreiro e o xornalista Xosé Ameixeiras. Fonte: Fundación Eduardo Pondal

O especialista na vida e na obra de Eduardo Pondal Manuel Ferreiro encargouse da introdución, edición e das notas de Eduardo Pondal. Os cantos eran da Patria (120 poemas), o sexto volume da colección que edita a RAG, co apoio da Deputación da Coruña, cadrando co centenario do seu pasamento. O volume xunta os textos poéticos máis significativos e representativos da produción literaria pondaliana, lírica e épica. Manuel Ferreiro é tamén o autor de Esta é a terra dos eidos amigos. Escolma xeográfica da poesía pondaliana (Deputación da Coruña, 2017), que tamén foi presentado neste marco.

O vindeiro martes, 10 de outubro, o académico Ramón Villares participará, xunto a Antonio Raúl de Toro Santos, nunha mesa redonda sobre o celtismo en Pondal. O programa do 17 de outubro contará co tamén académico, e secretario da RAG, Henrique Monteagudo, que ofrecerá unha conferencia sobre Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Ese mesmo día, o CEIP Labarta Pose exporá varios exemplos de boas prácticas arredor desta celebración, presentarase unha unidade didáctica sobre Eduardo Pondal para infantil e primaria e o IES Eduardo Pondal, unha das iniciativas do Club de Ciencia Ponteceso sobre aves no esteiro do Anllóns.

O programa do 24 de outubro incluirá un recital poético da académica Marilar Aleixandre, que pechará a xornada tras a presentación dun vídeo sobre Pondal de Asubío Media e a intervención de Félix Neira baixo o título "A outra maleta de Pondal".

O Himno galego será o eixe da derradeira xornada, o vindeiro 31 de outubro. Antonio Reigosa falará de Pascual Veiga, autor da melodía do poema de Pondal "Os Pinos", e Queimán e Pousa presentarán o seu libro-dvd de homenaxe á composición convertida en Himno.

Gabinete de Comunicación da Real Academia Galega (RAG), 2017-10-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES