
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou que Galicia Calidade permite poñer en valor a oferta turística da comunidade a través dunha marca propia que distingue o que nos fai diferentes. Conde participou, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na entrega de diplomas aos primeiros 44 establecementos turísticos (43 hoteis, restaurantes e casas rurais e o porto deportivo de Sanxenxo) que contan con este selo ao abeiro do acordo co Clúster de Turismo de Galicia para facer extensiva a marca ao sector.
No acto, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria destacou que Galicia Calidade acredita xa máis de 300 produtos de máis de 100 empresas, e que agora é tamén un valor engadido do turismo galego, reforzando certificados estatais como a Q de calidade, coa que contan xa 282 establecementos galegos.
Conde subliñou ademais que esta marca avala o servizo e a atención que recibe o viaxeiro, e é ao mesmo tempo unha garantía de que moitos dos produtos xa amparados baixo as Denominacións de Orixe Galega e as Indicacións Xeográficas Protexidas están na carta das empresas recoñecidas con esta certificación, establecendo sinerxías co turismo, un sector estratéxico que representa o 11% do PIB galego e o 12% do emprego.
Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou ás empresas recoñecidas hoxe porque, como dixo, con este distintivo demostran que a calidade non é só un obxectivo final, senón un xeito de traballar. Aspecto compartido coa filosofía da Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento elaborado man a man co sector que senta as bases do turismo galego para os vindeiros anos, baseado na excelencia, responsabilidade, sustentabilidade e internacionalización.
Neste sentido, destacou o decisivo papel do sector ao contribuír a que esta Estratexia estea a dar os seus primeiros froitos e ir cumprindo os obxectivos marcados. Como constata o feito de que nos meses centrais do verán, os hoteis galegos acadasen os seus mellores rexistros históricos en pernoitas e de ocupación, con preto de 1,3 millóns de viaxeiros que realizaron case 2,9 millóns de noites. Trátase dunha cifra nunca antes acadada e que supón un 5% máis que o ano pasado. Nava Castro valorou especialmente estas cifras que se conseguen, dixo, cun sector excelente como demostran recoñecementos como o selo Galicia Calidade que aporta prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e tamén promoción á comunidade galega como destino diferenciado e referente en excelencia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.