Notas de prensa

O Arquivo do Reino de Galicia recibe cinco libros de actas das primeiras institucións liberais galegas

Os documentos cedidos pola familia Baltar Tojo completan os fondos que custodia o arquivo das diversas xuntas e deputacións constituídas en Galicia a comezos do século XIX. Os libros están accesibles no Arquivo Dixital e destaca o seu valor patrimonial para a investigación e historia de Galicia.

O Arquivo do Reino de Galicia incorpora aos seus fondos documentais cinco libros de actas da Xunta Superior Provincial do Reino de Galicia e da Deputación Provincial de Galicia, datados entre os anos 1810 e 1820. Os manuscritos foron cedidos pola familia Baltar Tojo, á que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, lle agradeceu a doazón, tanto polo valor patrimonial dos documentos como polo seu grande interese para a investigación histórica dos inicios do século XIX en Galicia.

Nun acto que contou coa participación dos irmáns Juan Ramón, Francisco Javier e Jaime Baltar Tojo, xunto con outros membros da familia; así como da directora do ARG, Carmen Prieto; e do presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, o secretario xeral explicou que os documentos tamén están accesibles na web de Galiciana, a través do Arquivo Dixital de Galicia, co fin de favorecer o acceso da cidadanía a estes documentos esenciais para o coñecemento da guerra da Independencia e da implantación do réxime liberal na nosa terra.

De titularidade pública, estes libros de actas das primeiras institucións liberais de Galicia, permaneceron baixo a custodia da familia Baltar Tojo, de Santiago de Compostela, por herdanza familiar e foron atopados recentemente polo Museo do Pobo Galego, institución na que está depositada a Biblioteca Baltar desde 2009. Logo da descuberta, o Museo favoreceu a entrega dos libros ao Arquivo do Reino de Galicia, centro que custodia correspondencia, expedientes e contas vinculados coa actividade das xuntas e deputacións constituídas en Galicia durante a Guerra da Independencia e, de forma descontinua, en diferentes períodos do das primeiras décadas do XIX.

Deste xeito, con estes documentos da Xunta Superior de Subsidios, Armamento e Defensa do Reino de Galicia –reconstituída a comezos de 1810 tras a saída definitiva do Exército francés de Galicia– e da Deputación Provincial Única de Galicia, órgano que a substituíu en marzo de 1813, o arquivo vén completar os seus fondos relativos ás diversas xuntas e deputacións de Galicia no primeiro terzo do século XIX.

Doazón de Martínez Salazar en 1897

Os fondos que xa custodiaba o ARG sobre as diversas xuntas e deputacións constituídas en Galicia durante a Guerra da Independencia foran doados ano 1897 por Andrés Martínez Salazar, o seu director, quen os atopara nun “almacén de víveres” da rúa de Panaderas da cidade da Coruña, en 1875. Este arquiveiro relata nun artigo publicado no xornal La Voz de Galicia, en 1908, como unha parte da documentación da primeira Xunta foi levada a Sevilla polo seu secretario, Manuel Acha de Patiño, pouco antes da toma da cidade da Coruña polos franceses, en 1809, e de alí a Cádiz, para rematar, moitos anos despois, logo de numerosas vicisitudes, no Arquivo Histórico Nacional, en Madrid.

A Biblioteca Baltar

A familia Baltar ten unha destacada e constante presenza nos ámbitos científico e cultural de Galicia desde comezos do XIX. Neste século destaca a figura de José Baltar, farmacéutico e rexedor da vila de Padrón, ao igual que o seu sobriño, José Baltar. Este último é coñecido, ademais, pola súa amizade con Manuel Murguía e Rosalía de Castro, aos que lles deu apoio material en tempos de enfermidade e penuria.

Dentro das propiedades da Familia ten singular importancia a Biblioteca Baltar, fundada, probablemente, no século XVIII polos escribáns Lucas Baltar e polo seu fillo Francisco Baltar Mariño, pai do mencionado José Baltar. A biblioteca, que foi pasando polos descendentes da familia ata chegar á custodia de Ramón Baltar Domínguez, eminente cirurxián e intelectual, beneficiouse das achegas de diferentes membros: dos Baltar Abella, dos Baltar Santaló e dos Baltar Domínguez, cuxos descendentes a cederon ao Museo do Pobo Galego en maio do ano 2009.

Na parte xeral da biblioteca, que consta de máis de 18.000 volumes datados entre os séculos XV e XX, acháronse os libros de actas, que se presentan baixo as denominacións de [Libro de] actas de la Junta Superior Provincial del Reyno de Galicia desde su instalación en 22 de enero 1810 hasta el 31 de mayo siguiente, [Libro de] actas de la Junta Superior Provincial del Reyno de Galicia desde 1º de junio de 1810 hasta 30 de septiembre siguiente, [[Libro de] actas de la Junta Superior Provincial del Reyno de Galicia desde el 1º de octubre de 1810 hasta el 26 de abril de 1811, [Libro de] actas de la Junta Superior Provincial del Reyno de Galicia desde el 1 de mayo de 1812 hasta 8 de marzo de 1813 en que cesó e acta de instalación de la Diputación Provincial de Galicia en 9 de marzo de 1813.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-ciberseguridade.jpg) Esta ampliación é posible grazas a un dos proxectos en que Galicia e o Norte de Portugal traballan conxuntamente para mellorar no ámbito da I+D+i. Trátase do IberianQCI-Iberian Quantum Communication Infrastructure, çque ten como obxectivo o despregamento de conexións transfronteirizas entre as redes nacionais de comunicacións cuánticas de España (SpainQCI) e Portugal (PTQCI), contribuíndo así á construción da infraestrutura europea de comunicación cuántica segura (EuroQCI), que abarcará toda a Unión Europea. Este paso supón a continuación do traballo feito ata agora en Galicia, especialmente polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e a Universidade de Vigo (UVigo) a través do Vigo Quantum Communication Center (VQCC), adscrito ao centro de investigación AtlanTTic da rede CIGUS.
Foto de la tercera plana (saude-medico.jpg) O Executivo galego, na súa reunión de hoxe, deulle luz verde ao inicio da consulta pública previa á redacción deste anteproxecto de lei que establecerá un marco xurídico moderno, integral e adaptado ás necesidades actuais da saúde pública de Galicia. A través do proceso de consulta pública recolleranse as achegas da cidadanía e dos axentes implicados á redacción da norma. 'Queremos modernizar o marco xurídico en materia de saúde pública para responder aos desafíos actuais', indicou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen falou dos novos riscos 'sanitarios e ambientais'.

Notas

Lugopoética dividiuse en seis sesións, cada unha protagonizada por dous autores - agás unha delas, na que interviñeron tres – vinculados pola súa actividade, profesión ou por ter lazos familiares. Entre eles hai labregos, cregos, profesores ou filósofos, que leron anacos das súas obras e contrastaron as súas experiencias e puntos de vista. A iniciativa comezou no ano 2024 co obxectivo de divulgar a riqueza e potencial da creación poética na provincia. A edición deste ano está en marcha – comezou febreiro e remata en xuño-, con seis novos encontros protagonizados por outros 12 autores lucenses.
O legado de Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista a prol dos dereitos das mulleres, resoou no Colexio de Fonseca. No acto institucional co que a USC conmemora o Día das Letras Galegas, a reitora Rosa Crujeiras destacou a obra literaria e o labor xornalístico desta autora que ocupa 'un lugar central da cultura galega contemporánea', como recoñeceu a RAG ao dedicarlle a celebración do 17 de maio.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES