Notas de prensa

Meteogalicia mellora a súa web mediante a creación dunha ferramenta para a produción de contido audiovisual a medida

Trátase dun novo servizo que permitirá aos usuarios seleccionar imaxes proporcionadas polas 19 cámaras que o servizo de observación e previsión meteorolóxica distribuídas pola xeografía galega. O servizo pode resultar de moita utilidade para entidades públicas e ou privadas interesadas en crear contidos informativos máis atractivos para os seus sitios e aplicacións web.

Meteogalicia mellora a súa web mediante a creación dunha ferramenta para a produción de contido audiovisual a medida. Trátase dun novo servizo que permite aos usuarios seleccionar as imaxes proporcionadas polas 19 cámaras do servizo de observación e previsión meteorolóxica distribuídas pola xeografía galega e obter información visual sobre as condicións climatolóxicas e o aspecto que presenta un lugar nun momento determinado.

Así, esta mellora posibilitou a posta en funcionamento dunha nova ferramenta con dúas modalidades, por unha banda, un panel de cámaras personalizado para usuarios en xeral, e, por outra banda, un sistema de visualización máis sofisticado para persoal experto. No caso da primeira opción, as persoas que o desexen poden seleccionar o contido dunha ou varias cámaras e, a través dun único enderezo web, acceder á información que se mostrará ciclicamente e durante un breve período de tempo. Para acceder a este servizos prema aquí.

Pola contra, os usuarios expertos contarán cun sistema de visualización máis sofisticado que poderán envorcar nos seus sitios e aplicacións web co fin de ofrecer contidos de información meteorolóxica máis atractivos. Para este caso, empregarase unha tecnoloxía denominada JSON, que, co mesmo carácter personalizado, poderá seleccionar o tipo de imaxes que máis se adapten ao seu proxecto. A estas ferramentas pode accederse premendo aquí.

En definitiva, un ferramenta que xa está dispoñible na páxina de Meteogalicia e pode resultar de moita utilidade a entidades privadas e ou públicas que queiran complementar os seus servizos web. Ademais, supón un salto cualitativo en canto á información que ata este momento se ofrecía desde o servizo de observación de Meteogalicia, pois mostraba as imaxes das cámaras unha a unha e con opción a dúas animacións.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES