Notas de prensa

O PPdeG poñerá en circulación o seu propio xornal, en papel, en cada cidade da Comunidade galega

O secretario xeral do PPdeG. Miguel Tellado, anunciou que en cada unha das cidades galegas o PPdeG poñerá en circulación o seu propio xornal, en papel, “co que pretendemos chegar aos veciños”. Di que o PPdeG é o único partido capaz de ofrecer un programa propio en cada cidade pero coherente cunha formación política unida.

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que o PPdeG é o único partido da Comunidade que pode presentarse unido ante os cidadáns e en toda Galicia cun programa de goberno propio para cada cidade á vez que coherente entre todas elas.

“Nós non estamos en liortas internas para ver quen é o que máis alto é capaz de dicir ‘no es no’, tampouco temos aos nosos alcaldes nin ás nosas figuras históricas conspirando contra o noso líder, nin estamos intentando imitar a nacionalismos fracasados despois de ter o peor resultado da nosa historia”, engadiu Tellado antes de remarcar que “o Partido Popular de Galicia é un partido de goberno, que se prepara para volver a ser goberno nos nosos concellos. Onde xa o somos e onde non”.

Ao respecto, o secretario xeral anunciou que, nos vindeiros días, en cada unha das cidades galegas o PPdeG poñerá en circulación o seu propio xornal, en papel, “co que pretendemos chegar aos veciños”.

Así, durante unha rolda de prensa celebrada trala súa reunión co Comité de Cidades, Tellado afirmou que “este xornal servirá, alá onde somos oposición, para desenmascarar a parálise e as carencias na xestión dos gobernos populistas, dos socialistas e dos nacionalistas; e contrapoñela cos nosos proxectos de cidade inspirados na seriedade, a sensatez e o rigor”. Do mesmo xeito, engadiu que tamén servirá, “alá onde somos goberno, para reivindicar que outro xeito de gobernar é posible. Desde a moderación, desde a preocupación polos cidadáns, e desde o falar pouco e facer moito”.

O secretario xeral apuntou que o xornal quere aportar unha visión fresca e diferente da realidade municipal pero, sobre todo, seguir pegado á rúa e á xente. Ademais, precisou que cada agrupación local decidiu os seus contidos, e tamén decidirá cando e como presentalo.

Por outra banda, o número dous do PPdeG tamén se referiu ao acontecido nos últimos días en Cataluña, asegurando que, ante o desafío secesionista, “desde o Partido Popular de Galicia gustaríanos que se sacase unha lección sobre a importancia de ter un goberno autonómico centrado, moderado e preocupado por resolver os problemas dos cidadáns, non en crearlles novos problemas”.

Nese senso, incidiu en que “fronte unha Cataluña cun déficit desbocado, temos unha Galicia que crece controla as súas contas; fronte unha Cataluña centrada en crear fronteiras e facer propaganda independentista, temos unha Galicia que se quere abrir ao exterior e centrada en que a nosa economía creza e os nosos servizos sociais melloren cada día”. “En definitiva, fronte a unha Cataluña cuxo goberno está secuestrado por unha minoría radical, en Galicia hai unha maioría clara que lle dá estabilidade ás nosas institucións”, remarcou.

“Nós temos moi claro cal é o modelo que defendemos, e sabemos que a gran diferenza entre os gobernos destas dúas nacionalidades históricas son os partidos que as lideran. O que nos preocupa é que a oposición sexa ambigua porque debería estar ao lado do Goberno”, concluíu Tellado.

Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2017-09-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES