Notas de prensa

A XVI Volta Ciclista a Galicia 2017, unha competición tradicional, profesional, atractiva e 100% galega

Presentouse a ronda galega que se celebra do 14 ao 17 de setembro nun total de catro etapas en Monforte, Lalín e Santiago de Compostela. A responsable do deporte na nosa Comunidade gabou unha proba “que naceu en 1933 e que xa se quedou para sempre no calendario deportivo de Galicia”.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na presentación da XVI Volta Ciclista a Galicia que terá lugar do vindeiro 14 ao 17 de setembro e transitará polas cidades de Monforte, Lalín e Santiago de Compostela en catro etapas. Na súa intervención, a titular de Deporte destacou que “ciclismo e Galicia sempre estiveron intimamente unidos” xa que “hai 130 anos que Vigo acollía a primeira competición ciclista na nosa terra”. Tras salientar a importancia da presencia de Galicia nas etapas da Volta a España e lembrar o pasado exitoso do equipo Xacobeo Galicia, Marta Míguez destacou a Volta a Galicia como “unha competición tradicional, profesional, experimentada, atractiva, apaixonante e sobre todo, 100% galega”.

Deste xeito, a responsable do deporte na nosa Comunidade gabou unha proba “que naceu en 1933 e que xa se quedou para sempre no calendario deportivo de Galicia”. “Hoxe, 84 anos despois de que Salvador Cardona se alzara co trofeo da primeira Volta a Galicia, a nosa competición favorita prepárase para unha nova edición que superará todas as expectativas”, engadiu.

Marta Míguez falou do apoio da Xunta de Galicia ao ciclismo e informou que a Secretaría Xeral para o Deporte “subvenciona a 166 equipos de alta competición, entre os cales hai 6 de ciclismo”.

Ademais, segundo a Proposición non de Lei aprobada o pasado 11 de xullo polo Pleno do Parlamento de Galicia sobre a demanda ao Goberno de España de medidas que contribúan a garantir a seguridade viaria dos ciclistas, a Xunta de Galicia está a dar traslado ás institucións correspondentes deste acordo que inclúe propostas como a reforma do código penal, unha maior control e sinalización nas estradas e a realización de campañas de sensibilización. “A consideración e a concienciación acerca da importancia do ciclismo, como deporte ou como actividade, debe ser compartida por todos os cidadáns e cidadás, así como por todas as entidades, organizacións e administracións que coas súas medidas melloren a situación dos ciclistas e contribúan á protección deste colectivo formado por milleiros de persoas”, dixo.

A Volta a Galicia contará coa participación de 18 equipos de toda España e incluso de Francia nos que competirán un total de preto de 180 ciclistas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES