Notas de prensa

O BNG propón constituír unha ponencia para superar o actual marco autonómico

O Grupo parlamentario rexistrou unha proposición non de lei co fin de iniciar o debate na Cámara galega para cambiar o actual status político de Galiza e a aumentar o autogoberno. Pontón afirmou que existen problemas estruturais que “o actual marco autonómico non é capaz de resolver” como "“a crise demográfica, despoboación, máis desigualdades, deterioro no territorio, lingua e cultura".

O grupo parlamentario do BNG rexistrou unha proposición non de lei para a creación dunha ponencia na Cámara galega que abra o debate sobre a necesidade de avanzar no actual marco autonómico e dotar a Galiza de poder de decisión e máis autogoberno.

Tralo rexistro da iniciativa, a portavoz nacional e parlamentaria do BNG, Ana Pontón afirmou que existen problemas estruturais que “o actual marco autonómico non é capaz de resolver” entre os que citou: “a crise demográfica, despoboación, máis desigualdades, deterioro no territorio e a nosa lingua e cultura nunha situación moi preocupante”, que fai máis necesario que nunca un debate sobre un modelo que, a todas luces, impide que Galiza poder desenvolverse en todos os ámbitos.

Neste sentido, a proposición non de lei do BNG vai na senda do debate que se está a producir no Estado sobre a reforma constitucional e nese marco, explicou Pontón, “Galiza non pode quedar como mera espectadora”, agardando polas decisións de Madrid. Os galegos e galegas temos que contar cunha proposta para saber que poder político necesitamos para poder enfrontarnos aos actuais problemas e darlle “un xiro ao país”.

Resulta evidente, recalcou a portavoz parlamentaria, que a ponencia que propón o BNG precisa tempo e diálogo e sobre todo “escoitando á sociedade e o resto de propostas das outras forzas políticas” e debe partir da realidade, por que “somos un pobo, somos unha nación e aspiramos a contar con ferramentas para solucionar os problemas en Galiza”.

Temos unha autonomía “moi débil e neste momento dinamitada polo proceso de recentralización no Estado”. A nosa proposta, enfatizou, é ambiciosa para pensar a Galiza no futuro e sobre todo, para acadar un novo marco político que abra espazos con capacidade de decisión real, que blinde os dereitos sociais e que nos permita decidir sobre a nosa economía, a nosa lingua e decidir como galegos e galegas que futuro queremos ter”.

É preciso cambiar “unha dinámica socioeconómica” imposta que o único ao que nos levou foi a unha poboación máis envellecida, con menos xente e a unha Galiza sen poder desenvolver todas as súas potencialidades. Dende o BNG temos claro que na actual concepción política, “Galiza non existe e as decisións políticas se toman en Madrid para defender os intereses das grandes elites económicas do centro que van contra os intereses de todos os galegos e galegas, concluíu.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2017-09-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES