
Do primeiro proxectarase Decorado, peza recoñecida con máis de vinte galardóns internacionais, entre os que destaca o premio Goya á mellor curtametraxe de animación. Do segundo, dous videoclips que realizou para as bandas Guerrera e Nistra (dúo do que forma parte xunto a Anxo Rodríguez).
Outras pezas que conforman o programa son La disco resplandece de Chema García Ibarra, gañadora do Premio Penínsulas na pasada edición de Curtocircuíto, Over de Jörn Threlfall (Reino Unido) seleccionada en Sundance e nos premios BAFTA, A brief story of Princess X de Gabriel Abrantes (Portugal) seleccionada no TIFF, Locarno e Indie Lisboa entre outros, e Metube 2 de Daniel Moshel (Austria), que foi recibido con afervoamento polos asistentes á Noite Malandra da pasada edición de Curtocircuíto.
En caso de condicións meteorolóxicas desfavorábeis o festival anunciará un emprazamento alternativo para as proxeccións.
Programa
Nistra Mastharam de Adrián Canoura (Galiza, 2017). Videoclip. Duración 00:04:55
Over de Jörn Threlfall (Reino Unido, 2015) Ficción. Duración 00:13:49
A brief story of Princess X de Gabriel Abrantes (Portugal, 2016). Ficción. Duración 00:07:08
Decorado de Alberto Vázquez (Galiza, 2016). Animación. Duración 00:11:12
La disco resplandece de Chema García Ibarra (Turquía, 2016). Ficción. Duración 00:12:51
Metube2 de Daniel Moshel (Austria, 2016). Ficción. Duración 00:05:41
Guerrera Verdad Invertida de Adrián Canoura (Galiza, 2017). Videoclip. Duración 00:09:05
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.