
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou a sede da editorial Galaxia na cidade da oliveira, ocasión que aproveitou para reunirse co presidente do consello de administración da editorial, Antón Vidal Andión, e co novo director da casa, Francisco Castro, que substitúe no cargo ao actual presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. No marco deste encontro repasaron a traxectoria da editorial, que xoga e ten desempeñado un papel clave no desenvolvemento e difusión da lingua e cultura galegas e abordaron os novos retos que o mundo dixital e os novos usos culturais supoñen para as industrias culturais e, mais en concreto, para o sector do libro.
Ambas partes coincidiron na necesidade de continuar reforzando os lazos de colaboración entre Administración e os axentes implicados editores, escritores, libreiros, ilustradores, distribuidores, etc. co obxectivo común de impulsar a difusión do libro galego e dinamizar o hábito lector entre a cidadanía. Non en balde, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia ten previsto un investimento de máis de 1,7 millóns de euros este ano para impulsar o libro e a lectura a través de liñas de actuación como as subvencións para a adquisición de novidades editoriais con destino á Rede de Bibliotecas de Galicia ou axudas as á tradución, dúas convocatorias nas que toma parte Galaxia.
Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería de Cultura e Educación está a traballar na Estratexia da Cultura de Galicia 2021, a través da que se establecerán as políticas que se deben impulsar a prol do libro galego e da lectura. Nesa planificación da acción cultural de Galicia dos vindeiros anos, no que se refire á fixación de obxectivos e prioridades arredor do libro, a Xunta de Galicia contará co Consello Asesor do Libro, organismo dedicado ao estudo e ao asesoramento da Administración autonómica no referente ás políticas relacionadas co contido da Lei do libro de Galicia e que está integrado polos devanditos axentes.
Na súa visita a Galaxia o conselleiro estivo acompañado polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e mais polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Así mesmo participou na reunión o conselleiro delegado de Galaxia Xavier Martínez.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.