Notas de prensa

Unha nova edición de Redecinema leva filmes en galego a 16 concellos da Rede de Dinamización Lingüística

Durante xullo e agosto proxectaranse as (co)producións galegas “A praia dos afogados”, “Maimiño” e “9 ondas”. O secretario xeral de Política Lingüística e a concelleira de Educación, Cultura e Mocidade de Sanxenxo presentaron o programa de cinema de verán da Consellería de Cultura.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)- pon en marcha a segunda edición do programa Redecinema, que -tras difundir por toda Galicia o filme “Vilamor” na súa primeira edición- levará a 16 concellos da Rede de Dinamización Lingüística as (co)producións galegas “Maimiño”, “A praia dos afogados” e “9 ondas” en formato de cinema de verán.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi o encargado de presentar en rolda de prensa “un programa de dinamización lingüística que desenvolve os obxectivos do Plan xeral de normalización da lingua centrados na promoción da creatividade con base en galego e no aumento da oferta de produtos de cultura e de ocio no idioma propio de Galicia, precisamente nunhas datas en que moita xente goza duns días de vacacións e precisamente en Sanxenxo, un dos centros turísticos estivais máis relevantes da nosa comunidade”.

A canda o secretario xeral, participou na rolda de presentación Paz Lago, concelleira de Educación, Cultura e Mocidade de Sanxenxo, onde se abrirá o venres 21 de xullo ás 22:30 horas esta segunda edición de Redecinema coa proxección do filme “Maimiño” na praza dos Barcos do Concello de Sanxenxo.
16 localidades en xullo e agosto

Abegondo, Boimorto, Boiro, Noia e Vedra na provincia da Coruña; Foz, Mondoñedo e Taboada en Lugo; Celanova, O Carballiño e O Pereiro de Aguiar en Ourense e mais A Cañiza, Marín, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior en Pontevedra son as 16 localidades da Rede de Dinamización Lingüística onde se celebrarán na segunda quincena de xullo e ao longo de todo agosto as proxeccións ao aire libre dos mencionados filmes galegos. O calendario do programa poderá verse no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/redecinema) e na Axenda de Cultura de Galicia (www.cultura.gal/axenda).

Verán en galego

De acordo co Plan xeral de normalización da lingua galega, o programa de dinamización lingüística Redecinema persegue promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer; visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos; potenciar creadores e dinamizadores galegos e favorecer a incorporación da nosa lingua á programación das actividades para o verán realizadas polos concellos, ademais de apoiar e promover a industria cultural, nomeadamente a audiovisual galega e en galego.

Rede de Dinamización Lingüística

Os destinatarios do programa Redecinema, que a Consellería de Cultura e Educación desenvolve a través da AGADIC e das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, son os concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL). A RDL é unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca a asociación voluntaria de entidades con competencia na promoción e no uso da lingua galega no ámbito local para impulsar e reforzar as iniciativas de difusión do galego. Os seus principais obxectivos son os de promover a cooperación e a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e de optimizar os recursos dispoñibles para levala adiante.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES