
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o concerto que o grupo galego De Vacas e a brasileira Maria Gadú darán o sábado na cidade con motivo das festas do Apóstolo. O concerto enmárcase dentro do programa Territorio das mulleres. Na rolda estivo acompañada por Inés Salvado e Guillerme Fernández, integrantes do grupo. Marta Lois destacou na súa intervención "a alta calidade e potencia do concerto do sábado", ao mesmo tempo que agradeceu o feito de que De Vacas poida tocar en Santiago "nun marco como a praza 8 de Marzo e nun contexto como as festas do Apóstolo".
Inés Salvado asegurou estar "moi emocionada por poder tocar na casa" e avanzou "sorpresas" de cara ao concerto do sábado. Pola súa banda, Guillerme Fernández sostivo tres razóns polas cales esta actuación é importante para o grupo. "En primeiro lugar, por poder tocar en Santiago; en segundo, por poder facelo nas festas do Apóstolo e, en terceiro, por estar dentro de Territorio das Mulleres", dixo.
De Vacas
De Vacas é un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces. Son coñecidos por facer versións de temas moi coñecidos, dende as Spice Girls ao "Gagnam Style", pasando por Enrique Iglesias ou Luis Fonsi. A súa última versión é precisamente deste cantante e o seu famoso "Despacito", que De Vacas versionou con "Amodiño".
Ademais de actuar en Santiago, De Vacas percorrerán lugares da xeografía galega como Ribeira, Padrón, Mera ou Moeche. Xa actuaron en Ourense, Muros ou Meis.
Maria Gadú
Maria Gadú é unha cantante, compositora e violinista de orixe brasileiro e de música popular. Dende os seus inicios chamou a atención do público e da crítica, sendo nominada en dúas ocasións aos Grammy Latinos. Maria Gadú ten cinco discos, dende aquel primeiro homónimo que lanzou en 2009 e polo que conseguiu o seu primeiro disco de platino ao vender máis de 250.000 copias. Despois chegarían tres platinos máis con Multishow ao vivo en 2010, María Gadú e Caetano Veloso en 2011 e Mais uma pagina en 2011.
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.