
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o espazo gastronómico do festival PortAmérica, unha das citas musicais do verán na Comunidade galega. Capitaneado polo chef Pepe Solla, que conta cunha Estrela Michelin no seu restaurante Casa Solla de Poio, o chamado ShowRocking converteuse nos últimos dÃas nun imprescindible para os visitantes grazas ás propostas de ata dez cociñeiros Estrelas Michelin e 20 Soles Repsol, que realizaron pinchos gourmet a prezos populares.
Na súa visita ao PortAmérica, Nava Castro eloxiou a fusión das propostas musicais e da nova cociña galega, que achega un valor engadido a un dos festivais máis destacados da temporada musical en Galicia. Nel, os participantes gozan, ademais, da natureza, que é a primeira razón pola que cada vez máis turistas elixen visitar a Comunidade, precisamente xunto á gastronomÃa. Nomes de recoñecido prestixio como Javier Olleros, Yayo Daporta, Xoán Crujeiras, Iván DomÃnguez, Julio Sotomayor e Daniel Guzmán estiveron presentes.
Todos eles, xunto a outros moitos, elaboraron propostas culinarias como Tomate e herbas do Grove, de Olleros; A filloa que chegou de México e querÃa ser fajita, de Solla; Bocata si ou non de chocos en tinta con emulsión de Padrón, de Daporta; Pato barberie, ensalada de algas, escabeche e herbas do litoral, de Crujeiras; Coliflor, kimchi e mexillóns, de DomÃnguez, e Polbo mariñado, cuscús de calamar e ramallo, de Sotomayor e Guzmán.
Algúns como Javier Olleros ou Pepe Solla participaron este dÃas, xunto a directora do Centro Superior de HostelerÃa de Galicia (CSHG), Marta Fernández, nos faladoiros celebrados no PortAmérica, nos que se debateu sobre a realidade da enogastronomÃa baixo os tÃtulos de Estado actual da gastronomÃa galega ou A cociña galega como elemento dinamizador.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.