Notas de prensa

Puy destaca que o Goberno galego disporá de 230 millóns adicionais para reforzar as políticas de gasto

O Grupo Popular defenderá a mellora da seguridade para os ciclistas nas estradas galegas e a devolución polos concellos das cantidades recadadas indebidamente polo imposto de plusvalías. Está previsto que o Pleno do Parlamento aprobe o proxecto de lei de actuacións de apoio ao crecemento económico e reforzo do gasto social.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou que a aprobación no Pleno do proxecto de lei de actuacións de apoio ao crecemento económico e reforzo do gasto social permitirá ao Goberno galego dispor de xeito inmediato de 230 millóns de euros adicionais para reforzar as políticas de gasto para o presente ano.

Puy salientou a amplitude da sesión plenaria que se celebra esta semana, cun total de 32 cuestións na orde do día das que o 85 por cento están solicitados pola oposición. Entre os puntos da orde do día, o portavoz popular referiuse ás comparecencias dos conselleiros de Infraestruturas e Vivenda, para informar do Plan de transporte público e das intensas negociacións que se están a realizar coa patronal e os sindicatos; e do conselleiro de Educación, para dar conta da reorganización de centros de ensino de cara ao vindeiro curso 2017-2018.

No ámbito lexislativo, Pedro Puy destacou o debate, polo trámite de lectura única, do proxecto de lei de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social. Respecto da tramitación, explicou que esta fórmula “está avaliada polos servizos xurídicos do Parlamento de acordo co que se recolle no Regulamento e se teñen axustado os tempos para que a oposición poida facer as súas aportacións ao proxecto”.

En concreto, Puy sinalou que este proxecto de lei “terá un efecto inmediato na suba salarial do 1 por cento na nómina do mes de xullo, con efectos retroactivos ao mes de xaneiro, de cerca de 100.000 empregados públicos”, lembrando que hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia publica a orde da Consellería de Facenda pola que se dan as instrucións precisas para levar adiante esta suba.

Este proxecto lexislativo incorpora, ademais, partidas orzamentarias para actuacións prioritarias na sanidade pública; a mellora dos servizos sociais e as escolas infantís; o desenvolvemento de plans de emprego e formación; e a reforma ou ampliación de centros educativos e do seu equipamento.

Pedro Puy tamén se referiu ás dúas proposicións non de lei que o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria. A primeira delas vai dirixida á mellora da seguridade dos ciclistas nas estradas galegas. Entre os puntos que recolle figuran a modificación do Código Penal para recuperar a figura da imprudencia; que as forzas de seguridade do Estado intensifiquen o control nas estradas; o incremento da sinalización en puntos estratéxicos con carteis que recorden a presenza de ciclistas; ou a realización de campañas sobre as vantaxes do uso da bicicleta e consellos para a seguridade viaria.

A segunda proposición non de lei busca que os concellos devolvan aos contribuíntes afectados as cantidades indebidamente recadadas do imposto de plusvalía, logo das sentenzas emitidas polo Tribunal Constitucional. En concreto, pídese que se habiliten mecanismos para que esta devolución se realice do xeito máis eficaz posible e mediante procedementos áxiles, co fin de evitar a conflitividade neste ámbito tributario. Ademais, a proposición non de lei solicita que o Goberno de España modifique o texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais no relativo ao imposto sobre os incrementos de valor dos terreos de natureza urbana, de xeito que se adecúe ás últimas sentenzas do Tribunal Constitucional.

O Grupo Popular leva dúas proposici´`ons non delei: para mellorar a seguridade dos ciclistas nas estradas galegas e para a devolución aos cidadáns do imposto de plusvalías que reflectía un valor superior ao real dun inmoble.

Petición de reconsideración por parte de un grupo. Tema avaliado polos servzios xurídicos da cámara. Podo comprender que este trámite se alongase, pero tamén esta tramitaci´no permite que o goberno dispoña dos cartos inmediatamente. O procedemento se ten axustado nos temps para que a oposicion poida facer as súas aportacións. O procedemento de acordo co qeu swe recolle no Regulamento.

A Mesa non ten tomada ningunha decisión e unicamente se coñece a informe do Ministerio de Fomento. Isto non quere dicir que se aproveiten os servizos xurídicos da Cámara.

Pediuse nova documentación. Todavía non contestou o FROB e si os outros tres. Pediuse qeu reconsideraran a non remisión desta documentación. Mentres non haxa a documentación solicitada é impsible remtar o plan de traballo.

Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2017-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES