
O BNG presentou a campaña de celebración do Día da Patria baixo o lema Galiza, a nación que compartimos para simbolizar a aposta por un novo país, inclusivo e beneficioso para todos e todas: Creemos que é o momento desde o nacionalismo de propoñer un novo proxecto de país inclusivo e beneficioso para as grandes maiorías, para os que son nacionalistas e para os que non, para o conxunto da sociedade, sintetizou na presentación o coordinador de Comunicación, Xavier Campos.
Esta idea está presente no traballo político do Bloque ao longo dos últimos meses, -plasmado nas propostas de país formuladas con altura de miras para concitar consensos-, e está presente tamén no lema e na representación visual da cartelería, cunha suma de mans estendidas e unidas a favor dun país novo.
O 25 de Xullo é a festa de todos os galegos e galegas, nesta nación que compartimos, recalca Campos.
Xunto con esta mensaxe de inclusión, o BNG tamén ten como gran obxectivo converter a celebración do Día da Patria nunha gran mobilización social que una aos galegos e as galegas en contra da discriminación e do agravio que padece o país e en defensa dos nosos intereses, indicou o responsable de comunicación.
Un agravio que se plasma nunha ofensiva sen precedentes contra os intereses dos e das galegas, como o veto á transferencia da AP9, un financiamento discriminatorio, a negativa a sacar adiante unha tarifa eléctrica propia ou o recortazo de 442 millóns de euros nos orzamentos do Estado.
O BNG aposta por unha mobilización na que a cidadanía asuma o protagonismo nun momento no que o Goberno galego está desaparecido e cun Feijóo cómplice necesario da discriminación, alega Campos.
O 25X queremos dar voz a todas as loitas sociais que se están a dar neste momento, porque estamos nun punto de inflexión na loita polos nosos dereitos como traballadores e traballadoras e tamén como pobo, salientaba a coordinadora de Movementos Sociais, Susana Camba, tras citar ás mobilización do 112, Ferroatlantica, do sector do metal, do transporte ou do ensino público.
Pretendemos que se mobilice toda a sociedade, desde abaixo, e para iso estamos traballando con todos os colectivos, asociacións e con todas aquelas persoas que senten este país, concluía Camba.
Banda sonora de Mini e Caxade
O BNG, como elemento novidoso e de complicidade coa cultura do país, proponse o obxectivo de lanza un tema musical a modo de banda sonora do Día da Patria, que nesta primeira edición ten como artistas protagonistas aos músicos Caxade e Mini, nunha proposta que leva por título Estamos todas canda a ti. Unen talento, calidade, traxectoria e contemporaneidade, definiu Campos. O vídeo lanzarase nas redes sociais do Bloque nos próximos días.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.