
Seguindo coa metáfora das cualificacións, Pontón considera que a materia na que o xefe do Executivo presenta o peor resultado é na defensa dos intereses de Galiza fronte ao Estado, merece un moi deficiente, -indicou- porque vemos día a día os agravios que sofre o noso país coa súa complicidade.
Neste sentido, a dirixente nacionalista criticou ao Feijóo cómplice cun modelo de financiamento inxusto, cómplice cos retrasos do AVE, cómplice co veto a ter unha tarifa eléctrica galega ou cómplice co novo veto á transferencia da AP como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes e cunha xestión neglixente.
Alguén ten que explicar por que Euskadi e Catalunya teñen transferidas dende hai décadas autoestradas similares e para Galiza é misión imposible, subliñou, tras deixar claro que a reclamación unánime do Parlamento non é unha cuestión técnica senón política. A transferencia non depende de ningún informe de ningún letrado, senón de que Feijóo se plante, colla o teléfono e lle diga a súa compañeira de partido e deputada por Galiza, Ana Pastor, que non acepta este trato de agravio.
Entre os asuntos que o Bloque destacará no vindeiro pleno figura unha proposición non de lei en relación aos ventres de alugueiro, tendo en conta que é un debate social sobre o que o Parlamento galego non pode estar pechado e a expensas unicamente do que se decida no Congreso. Neste sentido, a posición do BNG é claramente en contra ao entender que se conculcan dereitos das mulleres.
Non somos incubadoras
Estamos en contra da mercantilización dos nosos corpos, as mulleres non somos incubadoras e hai moitos intereses en xogo que se queren enmascarar detrás dun suposto altruísmo, alegou, pero nunca veremos unha muller economicamente de clase alta prestando o seu ventre para que outra muller sexa nai.
Igualmente, o Bloque confía en pechar este período de sesións coa toma en consideración da iniciativa lexislativa sobre identidade de xénero impulsada por diferentes colectivos LGTBI, para avanzar cara unha sociedade sen discriminación algunha por razón de identidade sexual.
19M Volatilizados
O conflito derivado do proxecto de transporte público da Xunta tamén será obxecto de debate en pleno a través dunha iniciativa nacionalista, ante unha proposta tan mala que ten concitado a oposición tanto de traballadores e traballadoras como das empresas. O proxecto do Goberno galego non resolve os problemas de mobilidade da cidadanía, en particular no medio rural, lamentou Pontón, quen advertiu que o plan da Xunta entrega o sector do transporte ás multinacionais.
Outros temas que serán discutidos son o peche de centros escolares e a redución de profesorado, ademais da ampliación do obxecto de investigación da Comisión parlamentaria das caixas de aforro para incluír a estafa bancaria do Pastor, tanto ao país como aos 60.000 accionistas que quedaron sen nada.
Igualmente, o BNG preguntará onde foron a parar 19 millóns de euros anunciados pola vicepresidenta Soraya Sanz de Santamaría na visita propagandística a Santiago, xusto en vésperas de coñecerse o recortazo de 442 millóns de euros dos orzamentos do Estado con Galiza. Anunciou 247 e agora a Xunta trae ao Parlamento unha proposta de gasto para 228, que foi dos 19 millóns restantes?, interpela Pontón.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.