
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu en Salamanca a un obradoiro no que máis de 30 empresas galegas deron a coñecer a oferta turÃstica da nosa Comunidade neste mercado de proximidade. Coa participación de máis de 60 operadores de Castela e León, o evento puxo en valor os principais recursos para o mercado nacional. Un mercado, que, como resaltou Nava Castro, o ano pasado supuxo o 77,3% da demanda turÃstica regrada, incluÃndo visitantes procedentes de Galicia e doutras comunidades autónomas.
Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia destacou que neste mercado nacional foi Castela León o segundo territorio que trouxo un maior número de visitantes o ano pasado a Galicia, tan só por detrás da Comunidade de Madrid. Cifras globais que, coa nova Estratexia do turismo de Galicia 2020 —a folla de ruta do turismo galego para os vindeiros anos—, se pretende superar, ata chegar aos 6 millóns de visitantes, entre estranxeiros e nacionais.
No encontro presentáronse varios dos recursos propios de Galicia especialmente atractivos para os mercados de proximidade, afondando no potencial como destino de natureza avalado polos máis de 1600 quilómetros de costa, as máis de 800 praias ou os seus espazos protexidos.
Colaboración público-privada
O Camiño de Santiago, a gastronomÃa, o termalismo, o turismo activo e a cultura e patrimonio ocuparon tamén varias das sesións de traballo. Ademais, presentáronse algunhas das experiencias turÃsticas levadas a cabo por Turismo de Galicia, como a Ruta da Lamprea, a Ruta da Camelia, ou iniciativas como o Bono Iacobus, para realizar o Camiño de Santiago pernoitando nas casas rurais galegas, ou os trens turÃsticos e os cruceiros costeiros.
A celebración deste obradoiro é froito da aposta de Turismo de Galicia por impulsar e apoiar a colaboración público-privada entre o sector turÃstico, representado nestas xornadas polo Clúster de Turismo de Galicia, e a Administración autonómica.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.