Notas de prensa

A Xunta declarará a Semana Santa de Betanzos Festa de Interese Turístico de Galicia

Con esta declaración, esta festividade súmase ás máis de 130 festas de interese turístico coas que conta a Comunidade galega. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuníronse coa directiva da Confraría da Semana Santa desta localidade coruñesa.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuníronse coa directiva da Confraría da Semana Santa de Betanzos, nun encontro no que se avanzou que esta festividade acadará a clasificación de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Durante o encontro, púxose en valor o potencial desta celebración, que ano a ano reúne a milleiros de betanceiros e visitantes e que conta cunha gran tradición na comarca que nos últimos anos ampliou considerablemente o número de pasos, procesións e participantes. Unha celebración na que destaca a súa procesión de Domingo de Ramos, as conmemoracións do Xoves Santo e Venres Santo e a especial beleza da procesión coñecida como Os Caladiños.

Valores todos eles que, xunto a súa tradición, singularidade, arraigamento e valor cultural a fan merecedora deste novo recoñecemento como festa de interese turístico de Galicia. Un recoñecemento que se atopa nas súas últimas fases, tan só pendente da súa aprobación no Consello da Xunta.

Con este recoñecemento, esta Semana Santa de Betanzos sumarase ás máis de 130 festas de interese turístico coas que conta a Comunidade galega, das que nueve son de interese turístico internacional, 11 de interese turístico nacional e 115 de interese turístico galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES