
A Aula de Produtos Lácteos e TecnoloxÃas Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC organiza o venres 2 de xuño unha xornada de portas abertas dirixida a escolares, pero tamén a todo o público interesado, co gallo da celebración do DÃa Internacional do Leite 2017, unha efeméride que coincide tamén co segundo aniversario da inauguración das novas instalacións deste centro universitario.
O programa de visitas comeza ás 9.30 horas, cando está prevista a chegada duns 50 escolares de terceiro curso de primaria no Ceip As Mercedes da capital lugesa, unha delegación estudantil á que seguirá outra comitiva duns 70 alumnos de 2º de primaria do Ceip Luis Pimentel, tamén de Lugo.
Durante a permanencia na sede da Aplta, os escolares participantes nesta xornada de visitas poderán coñecer as instalacións do centro, ademais de visitar a planta piloto, onde se lles explicará de xeito básico as tecnoloxÃas existentes para proceder ao tratamento e transformación do leite, ao tempo que poderán participar en obradoiros sobre a elaboración de iogures e queixo. Estas sesións, durante as que os participantes poderán degustar diversos produtos lácteos, servirán tamén para lembrar ao público máis cativo a importancia do consumo de leite para a saúde.
O persoal da Aula de Produtos Lácteos e TecnoloxÃas Alimentarias da USC estará acompañado durante estas visitas por varios xogadores do Club Baloncesto Breogán, que acudirán á sede da Aplta para sumarse á celebración do DÃa Internacional do Leite, ademais de para transmitir aos escolares os beneficios que reportan os hábitos de vida saudables.
Os nenos e nenas participantes nesta quenda de visitas recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa, un caderno de actividades de temática láctea e unha bolsa con produtos lácteos, obsequio das empresas colaboradoras: Capsa, Puleva, Casa Grande de Xanceda, Feiraco y Quescrem.
Unha vez rematada a quenda de visitas infantÃs, as instalacións da Aplta estarán abertas a disposición de todas aquelas persoas interesadas en realizar unha visita comentada das mesmas. O público interesado deberá confirmar asistencia a través dos números de teléfono 600 942 343 ou 600 942 347.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.