Notas de prensa

Máis do 60% do alumnado participou na avaliación de 3º de primaria, según a Consellería de Educación

Cómpre subliñar que se trata de probas de carácter diagnóstico que non teñen ningún efecto no expediente académico e que se realizan na maioría dos países europeos. O obxectivo é obter unha información comparada do sistema para deseñar programas de mellora educativa máis axeitados ás necesidades que se detectan no ámbito educativo.

A avaliación de 3º de educación primaria que se realiza en Galicia desenvólvese con normalidade e cunha participación similar á das convocatorias anteriores. É dicir, máis do 60% por cento do alumnado matriculado neste curso participou hoxe na primeira xornada da proba de 3º que se desenvolve por terceiro ano consecutivo. Estas porcentaxes son estimacións provisionais segundo os datos facilitados polos equipos directivos e a inspección educativa.

Cómpre lembrar que, froito dun acordo unánime entre todas as CCAA e o Ministerio de Educación referendado no Congreso dos Deputados, a avaliación individualizada de 3º de Primaria mantense coas mesmas características que xa estaban establecidas na Lomce. Isto é, que tal como se fixo nos dous anteriores cursos, aplícase ao conxunto dos centros educativos.

Cómpre salientar, unha vez máis, que os resultados desta avaliación non teñen efectos sobre o expediente académico dos nenos e nenas, e que a Consellería en ningún caso vai facer ránking de centros, como xa quedou demostrado nas dúas anteriores edicións.

Por tanto, este tipo de probas -que se realizan de xeito regular na maioría dos países europeos- deben entenderse como unha ferramenta metodolóxica máis, que complementa a avaliación continua, reforza o labor dos docentes e axuda aos centros educativos e ás familias a ter información adicional sobre a evolución dos seus fillos e fillas. Polo tanto, estes datos permiten obter unha información comparada do sistema educativo para poder deseñar programas de mellora máis axeitados ás posibles eivas que se poidan detectar.

Hai que lembrar que, a raíz das probas de 3º e de 6º de primaria do pasado curso, neste 2016/17 a Consellería asinou contratos-programa para desenvolver plans de mellora directamente vinculados aos resultados obtidos, que supuxeron a incorporación neste curso de 114 profesores de apoio contratados a maiores para outros tantos centros escolares. É dicir, que todos eles contan cun docente de apoio externo, ao igual que sucedeu cos 69 centros que recibiron apoio deste tipo no curso 2015/16 ao abeiro do resultado da proba de 3º de primaria celebrada no curso 2014/15.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES