Notas de prensa

Catro especialistas en comunicación e TICs debatirán sobre a seguridade e a privacidade dixital

Debemos priorizar a seguridade fronte a privacidade dixital? Esta é a pregunta central do debate da nova Regueifa de Ciencia do día 1 de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Debatiranse cuestións como se existen garantías de privacidade fronte ao estado ou as empresas, e a propiedade dos datos persoais.

Debemos priorizar a seguridade fronte a privacidade dixital? Catro especialistas en comunicación e TICs tentarán resolver esta cuestión o xoves 1 de xuño nunha nova Regueifa de Ciencia que terá lugar a partir das 20.00 horas en Ciencias da Comunicación.

Cuestións como se existen garantías de privacidade fronte ao estado ou as empresas, a propiedade dos datos persoais ou se é suficiente a lexislación existente serán tratadas nese foro de reflexión, no que coma sempre haberá dúas posturas claramente diferenciadas.

Defendendo a privacidade fronte a seguridade intervirá Marta Peirano, escritora e xornalista que dirixe a sección cultural de eldiario.es, onde tamén é adxunta ao director. Fundou CryptoParty Berlín, unha iniciativa arredor de cuestións sobre privacidade e seguridade en internet, e Elástico, un colectivo multidisciplinar co que codirixiu o proxecto COPYFIGHT en 2005 sobre cultura libre.

Xunto a Peirano intervirá tamén a avogada Paloma Llaneza, socia directora do bufete especializado en dereito tecnolóxico Razona LegalTech e árbitro da Corte de Arbitraxe para temas tecnolóxicos desde 2000. É ademais presidenta da Sección de Dereito TIC e fundadora e presidenta de AEDEL, a asociación de desenvolvemento das evidencias electrónicas líder en España.

Pola súa banda, apoiando a seguridade fronte a privacidade estará Eduardo Casas Herrer (@AguilaKen), técnico superior en informática e membro da Unidade de Investigación Tecnolóxica do Corpo Nacional de Policía. Está especializado na loita contra a explotación sexual de menores, pola que foi condecorado en varias ocasións. Profesor honorario das Universidades Autónoma e Complutense de Madrid, é autor do libro de divulgación sobre delitos en Internet La red oscura (A Esfera dos Libros, 2017).

Tamén na postura da seguridade intervirá Alberto Calero, enxeñeiro de Telecomunicacións presidente de A&JCalero Engineering e partner de Maven7, compañía punteira na ciencia das redes. Colaborou con Laszlo Barabasi desde 2002 en proxectos de ciencia de redes e foi parte activa dos desenvolvementos desta ciencia nos últimos dez anos. Calero foi ata 2011 membro do comité de Dirección de France Telecom España (Orange) e director da Unidade de Novos Servizos onde tivo a responsabilidade de desenvolver os servizos móbiles de datos, innovación e contidos.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro, entre as 18.00 e as 22.00 horas, a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES