
Os centros educativos que resultaron seleccionados (125 de Primaria e 70 de ESO) participaron con normalidade e sen ningún tipo de incidencia na primeira xornada das avaliacións diagnósticas de 6º de Primaria e de 4º curso de ESO, que conclúen o mércores 24 de maio.
A maiores dos 195 da mostra, hai que engadir outros 39 centros que decidiron, de xeito voluntario, aplicar estas probas ao alumnado de 6º de Primaria. Segundo os primeiros datos provisionais, a participación situouse en torno ao 60 por cento tanto en Primaria coma en ESO, é dicir, en porcentaxes semellantes ás probas de 3º e de 6º do ano pasado.
Cómpre lembrar que, froito dun acordo unánime entre todas as CCAA e o Ministerio de Educación referendado no Congreso dos Deputados, por primeira vez neste curso as avaliacións de 6º de Primaria e de 4º de ESO fanse con carácter mostral. É dicir, que non se aplican na totalidade dos centros, senón naqueles que resultaron seleccionados segundo os criterios técnicos estatÃsticos de xeito que os resultados obtidos se poidan extrapolar ao conxunto da poboación.
O obxectivo destas probas é o de obter unha información comparada do sistema educativo para poder deseñar programas de mellora máis axeitados ás posibles eivas que se poidan detectar. Cómpre subliñar que non substitúen o labor dos docentes, senón que o reforza na medida en que están configuradas como unha ferramenta complementaria máis que permiten anticiparse aos problemas e implementar medidas correctoras para o conxunto do sistema. Son, ademais, un tipo de probas que se levan facendo de xeito regular na maiorÃa dos paÃses europeos e tamén en España, onde desde o ano 2009 se viñan aplicando en 4º curso de Primaria e 2º curso de ESO.
Hai que lembrar que, a raÃz das probas de 3º e de 6º de Primaria do pasado curso, neste 2016/17 a ConsellerÃa asinou contratos-programa para desenvolver plans de mellora directamente vinculados aos resultados obtidos, que supuxo a incorporación neste curso, de 114 profesores de apoio contratados a maiores para outros tantos centros escolares. É dicir, que todos eles contan cun docente de apoio externo, ao igual que sucedeu cos 69 centros que recibiron apoio deste tipo no curso 2015/16 ao abeiro do resultado da proba de 3º de Primaria celebrada no curso 2014/15.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.