
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou no Centro Público Integrado Armando Cotarelo Valledor o Rally Terra da Auga que terá lugar o 26 e o 27 de maio na comarca de Arzúa. Alí, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico dixo que a chuvia, a natureza e o clima tan propios de Galicia achéganlle a este evento, ademais da espectacularidade que xa ten de por si, personalidade propia, raíces, verde, adversidade, identidade, carácter, temperamento, así como o segredo e a maxia que gardan os destinos turísticos do interior de Galicia.
Nas súas verbas, a secretaria xeral asegurou que o último fin de semana de maio a comarca arzuá converterase no epicentro do motor xa que conta con todos os ingredientes necesarios. Neste sentido, a titular de Deporte destacou á organización da Escudería ADN Motor, o percorrido complicado e adverso, os mellores pilotos do panorama nacional, o público entregado e responsable e ás Forzas e Corpos de Seguridade que posibilitarán que a seguridade sexa unha obriga pero tamén unha responsabilidade.
Nesta nova edición o Rally Terras do Mandeo muda de localización e mesmo de denominación para converterse no Rally Terra da Auga, a terceira proba do Campionato de España de Rallyes de Terra. A proba trasládase 30 quilómetros ao sur, á comarca formada polos Concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. A pesar destes cambios, Marta Míguez sinalou que o rally mantén a súa esencia con tramos de gran dureza e percorridos moi técnicos que marcarán as diferenzas entre os pilotos.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.