
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participou na quinta edición dos `Job day´ da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, que teñen como obxectivo fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza entre as empresas de distintos sectores de actividade.
Dedicado ao sector TIC, a quinta edición do Job Day transfronteirizo procura promover a mobilidade e a contratación de traballadores na Eurorrexión, e pretende proporcionar o contacto directo entre os mozos/adultos e o mercado de traballo, propiciando a divulgación de oportunidades, o desenvolvemento de competencias e o networking dos participantes.
As anteriores edicións tiveron como protagonistas, o sector da metalurxia e metalomecánica; a hostalería e turismo; a agricultura e alimentacións; e o sector forestal. O resultado tense traducido na contratación de máis de medio centenar de desempregados dos dous lados da fronteira.
Nesta edición, participan 16 empresas, que ofrecen un total de 152 ofertas, de emprego, como xestor de sistemas, analista de negocios y de software, arquitecto de software, consultor, enxeñeiro da calidade y de software, xestor de proxectos, programador/ desarrollador e deseñador web. As xornadas rematarán cunhas xornadas sobre mobilidade laboral, o mercado laboral transfronteirizo, as posibilidades de contratación, retos e oportunidades do traballo transfronteirizo, e a cualificación no sector TIC.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.