Notas de prensa

O BNG denuncia O #Recortazo para Galicia nos Orzamentos do Estado 2017

Para o BNG os orzamentos de 2017 desmontan a falacia do PP, pois volvendo a contar con recursos tributarios similares aos de anos anteriores á crise (200.963 mil millóns de euros en 2007 fronte aos 200.676 millóns de euros en 2007), manteñen os recortes nas políticas sociais, aumentan o gasto no armamento militar e priorizan o pagamento da débeda, incluida a que se deriva do rescate bancario.

O PP consolida a política de recortes nas políticas sociais, continúa cunha política fiscal regresiva para as maiorías sociais, e manteñen como prioridade o pagamento da débeda. O PP distribúe os fondos públicos con outras prioridades. Aumentou a presión fiscal (os impostos) ás maiorías sociais, conseguiu con iso nivelar de novo os ingresos mais para atender os excesos do endebedamento, sobre todo aumentado polos fondos solicitados á Unión Europea para o rescate bancario.

Sen concerto económico non hai capacidade política en Galiza

A pesar de que as galegas e os galegos quen pagamos impostos, co sistema de financiamento actual onde se reparte centralizadamente, aínda que se recade máis en Galiza, non significa que ese diñeiro público a maiores vaia destinado prioritariamente aos servizos básicos que son competencia de Galiza, senón que vai dirixido aos intereses do Estado, que neste momento é pagar a débeda ou consolidar no orzamento dos programas de armamento militar. Desde logo non é recuperar as políticas sociais recortadas co pretexto da crise económica.

A falta de capacidade fiscal plena condúcenos a sermos dependentes da política fiscal e das grandes decisións da política económica ditadas desde o Goberno central, anulan totalmente calquera marxe de autonomía política das institucións de goberno galegas. Só un sistema de concerto económico podería conseguilo e, con iso, non teríamos que aturar as imposicións antisociais dos orzamentos do PP desde Madrid.

Un escenario de estancamento económico

Os orzamentos para 2017 desmenten a propaganda oficial do Partido Popular sobre a recuperación económica. Así, estiman tanto menor crecemento económico global (2,5% fronte ao 3,2% rexistrado no 2016), menor consumo privado e menor investimento que no 2016, así como creación de emprego a menor ritmo que o 2016.

Non contribúen a superar a crise

Na actual situación de atonía e falta de pulso económico, os orzamentos afondan en facer crónicos os problemas económicos impedindo avanzar no cambio do modelo económico.

Orzamentos antisociais

Son orzamentos restritivos, destinan (descontando o destinado a débeda) 5.057 mil millóns menos que no ano anterior. Dese xeito, non trasladan o incremento da economía ás políticas de gasto sobre todo social, dado que o Estado, recadando máis, gastará menos en servizos e políticas públicas agás no pagamento da débeda.

Nun momento onde as necesidades sociais aumentaron, polo incremento das desigualdades nesta época de crise económica, o PP persiste en contentar os grandes poderes económicos formulando contas onde sacrifican as políticas sociais para manter o ritmo de pagamento da débeda.

A débeda e os programas de defensa simbolizan as prioridades do PP

Contrasta a contención do gasto en moitas políticas sociais, co aumento do pagamento da débeda até 120.288 millóns de euros (2.220 millóns máis que en 2016).

Tamén co aumento do orzamento de defensa, nun 32 por 100 respecto a 2016, ao aparecer desde o inicio o gasto real, e comprobar que o 34,5% do investimento dos organismos administrativos do Estado corresponden a programas de armamento.

O investimento en Galiza: un retroceso de 15 anos

Galiza terá 442,65 millóns de euros menos que en 2016, un 32,4%, é dicir, redúcese nun terzo nun só ano.

Por primeira vez en catorce anos, o investimento en Galiza é inferior aos mil millóns de euros. Na seguinte táboa podemos observar a evolución do investimento territorializado en Galiza durante o século:

Feijoo continúa a enganar coa chegada do AVE a Galiza

Estes orzamentos demostran o discurso fraudulento do presidente da Xunta e a nula capacidade e influencia para asegurar os investimentos no AVE para que Galiza conte con esta infraestrutura, cando xa pasan máis de 25 anos desde a primeira liña posta en servizo no Estado español. Así, no treito Olmedo-Lubián-Ourense hai unha dotación de 461,3 millóns de euros, o que supón 270 millóns menos que 2016 (36.9 % de descenso 9 con respecto ao 2016).

Tamén se desvendan as mentiras de anos anteriores do PP, xa que na información sobre a execución do orzamento previsto para o ano 2016, indica que só investirán finalmente 193 millóns de euros, unha porcentaxe de apenas o 27%.

Así, os anuncios de investimento multimillonario de anos anteriores no orzamento para Galiza de Ana Pastor e Feijoo só ficaron no papel: o que aconteceo foi que se inflaron as cifras no papel mais sen logo executalas realmente na Galiza pois apenas se gastou entre a terza e cuarta parte do anunciado.

Un financiamento insuficiente para atender os servizos públicos básicos de Galiza

Feijoo e a vicepresidenta do Goberno central tamén enganaron galegas e galegos co anuncio dun financiamento adicional para Galiza. Non é nin suplementario para Galiza (en realidade débese pola maior recadación de impostos en anos anteriores e a prevista para este en curso) nin tampouco favorábel (pois sitúase por debaixo do que recibirán a maior parte de CCAA).

Na distribución adicional para todas as CCAA de 5.386 millóns, Galiza sae mal parada, xa que lle corresponnden 247 millóns, un incremento do 3,6%, que é inferior ao incremento medio do 5,7%, e moi por debaixo de CCAA como Cataluña, Valencia, Andalucía ou Canarias.

Fotografía: http://www.bng.gal/articulo/novas/valoracion-orzamentos-xerais-do-estado-2017/20170419121622019905.html

Gabinete de Comunicación de BNG, 2017-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (costa-feira-2026.jpg) Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Foto de la tercera plana (abril-cultura-camino.jpeg) Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.

Notas

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande, e a directora do Campus Terra, Marta Miranda, inauguraron este xoves 18, no edifico Cactus do Campus de Lugo, unha nova edición do Foro empresarial Galicia–Asia que xirou na súa primeira xornada arredor do ecosistema da saúde. Alimentación e lonxevidade, así como as posibilidades da robótica asistencial, foron outros dos aspectos abordados na reunión.
O transporte marítimo enfróntase a un dos grandes desafíos da súa transición enerxética: decidir que combustibles alternativos empregar nun contexto no que aínda existe pouca experiencia operativa e escasean os datos sobre o seu comportamento real. Metano, metanol, amoníaco ou hidróxeno aparecen como alternativas para reducir as emisións do sector, pero a súa implantación introduce novas incógnitas relacionadas coa seguridade, o almacenamento e a operación dos buques.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES