Notas de prensa

O aeroporto de Santiago supera por primeira vez o medio millón de pasaxeiros no primeiro trimestre

O aeroporto de Santiago, que o ano pasado conseguiu o seu máximo histórico superando por primeira vez os dous millóns e medio de pasaxeiros, continuou crecendo no primeiro trimestre deste ano, pese a que o ano pasado a Semana Santa, unha das épocas de maior tráfico no ano, caeu no mes de marzo.

O número de pasaxeiros no aeroporto de Santiago ata marzo foi de 510.706. É a primeira vez que se consegue superar o medio millón de pasaxeiros no primeiro trimestre do ano. O crecemento respecto ao do ano 2016 foi de 12.225 pasaxeiros, un 2,5%.

Pero se se compara con hai dous anos, cando comezou a recuperación actual do aeroporto, o crecemento é de máis de 106.900 pasaxeiros, un 26,2%. O crecemento é aínda maior se a comparación se fai co primeiro trimestre do ano 2014, antes de que se estabilizase a crise de tráfico no aeroporto que comezou no 2012. Neste caso, gañáronse 135.071 pasaxeiros, un 36%.

No pasado mes de marzo, o tráfico foi de 203.010 pasaxeiros, cun crecemento do 2,8% respecto a marzo do ano pasado, cando a Semana Santa foi neste mes. Foi o primeiro mes de marzo no que o aeroporto de Santiago consegue superar os 200.000 pasaxeiros.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES