
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o exemplo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como referente de cooperación transfronteririza, grazas ao cal ambas rexións son as máis beneficiadas pola 1ª convocatoria de Fondos Europeos Interreg V-A (POCTEP), con 45 proxectos aprobados por un importe que supera os 90 millóns de euros.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda,acompañado da vicepresidenta da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento da Rexión Norte de Portugal, Ester Gomes da Silva e do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, compareceu en rolda de prensa, dando a coñecer as principais características do programa de Fondos Interreg para os vindeiros anos, -Programa Poctep-, aprobado a pasada semana en Faro.
Rueda indicou que nos últimos anos reforzouse a colaboración na Eurorrexión, impulsando proxectos como o Ariem, poñendo en marcha a Agrupación Europea de Cooperación Territorial GNP-AECT, elaborando un Plan de Investimentos Conxuntos para a Eurorrexión e ampliando a colaboración con outros socios, como no caso da Macrorrexión RESOE. O Programa Interreg V-A (POCTEP) é un exemplo máis de esa cooperación, no que están involucradas numerosas institucións como a Administración central, os concellos, as deputacións e, por vez primeira, tamén empresas.
Nos proxectos aprobados están representadas todas as consellerías da Xunta que participaron na convocatoria, con representación en distintos eixos e sectores de actividade, como son a xestión de residuos,a nanotecnoloxía; solucións tecnolóxicas dirixidas a incrementar a calidade dos sistemas sanitarios ao apoio e mantemento das persoas maiores no entorno rural; internacionalización das empresas da Eurorrexión á cooperación institucional; xestión conxunta en materia de emerxencias á mellora do hábitat para os peces migradores; o turismo náutico ou a conservación da Reserva da Biosfera transfronteiriza.
Interreg V-A. Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal
O programa Interreg é unha das pedras angulares da política rexional europea, e ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento rexional integrado entre rexións fronteirizas veciñas, desenvolvendo a cooperación transfronteiriza, tanto a nivel económico como social, por medio de estratexias que priman a presentación de proxectos conxuntos.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.