Notas de prensa

Xunta e Consello Galego de Economistas colaboran no asesoramento aos afectados polas cláusulas chan

Poñerase a disposición dos consumidores unha ferramenta informática que se poderá consultar nas oficinas autonómicas e municipais de Consumo, e nas asociacións de consumidores e usuarios. Organizáronse xornadas informativas por toda a xeografía galega nas que participaron xa máis de 700 persoas.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Miguel Ãngel Vázquez Taín, asinaron en Santiago un acordo para facilitar aos consumidores o cálculo das cantidades indebidamente pagadas polas cláusulas chan abusivas.

Grazas a esta colaboración, proximamente poñerase a disposición das persoas afectadas unha ferramenta informática que estará dispoñible para que os consumidores poidan recibir asesoramento tanto nas sete oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia como nas oficinas municipais e nas asociacións de consumidores e usuarios, a cuxos profesionais se achegará formación técnica específica.

Tal e como explicou a directora de Comercio e Consumo, esta ferramenta permitirá que os consumidores poidan contrastar as cantidades que lles ofrezan as entidades financeiras en resposta ás súas reclamacións. Así mesmo, Vázquez Abeal lembrou que usuarios e consumidores teñen a súa disposición todos os medios cos que conta a Xunta para que poidan reclamar ante as entidades bancarias a devolución do diñeiro cobrado indebidamente a través das cláusulas chan.

Así, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha unha campaña para informar aos consumidores sobre a última sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, así como do procedemento extraxudicial activado polo Goberno central. Nesta campaña que está a percorrer as principais cidades e vilas galegas participaron xa máis de 700 persoas, mentres que preto de 2.700 se informaron nas sete oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia no que vai de ano.

Para facilitar o acceso a toda a información que precisan, tamén están publicadas na web de Consumo (https://consumo.xunta.gal/) as instrucións sobre cómo proceder para reclamar ante as entidades financeiras, así como un modelo de formulario para realizar a reclamación e o texto da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ao respecto, así como o Real Decreto-Lei 1/2017, do 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas chan. Esta información xa recibiu máis de 20.000 visitas, mentres que máis de 17.000 persoas descargaron a documentación.

Ademais, os cidadáns poden recibir información e asesoramento nas oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, a través do teléfono gratuíto 900 231 123, así como nas oficinas municipais de información ao consumidor (OMIC) e nas asociacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES